Tasilón I de Baviera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 560 |
Morte | 609 (48/49 anos) |
Duque de Baviera | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Dinastía Axilolfinga |
Fillos | Garibaldo II de Baviera |
Pais | Garibaldo I de Baviera e Waldrada |
Irmáns | Teodelinda de Baviera Gundoaldo |
Tasilón de Baviera, nado en 560 e finado en 610,[1] foi o segundo duque de Baviera desde o 591 até a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tasilón era membro da familia dos axilolfingos, probabelmente fillo de Garibaldo, primeiro duque de Baviera, e de Waldrada, filla de Wacho, o oitavo rei longobardo da Lombardía.
Non se sabe a ciencia certa a relación entre Tasilón e Garibaldo, sábese soamente que seguramente non eran pai e fillo, porén tiñan unha estreita relación familiar. Ningún documento dá o nome do pai de Taslón I, pero como é pai de Garibaldo II e sucedeu a Garibaldo I, que tivo outros fillos, considérase que Tasilón I era o fillo máis vello de Garibaldo I.[2]
Pouco se sabe deste duque. Paulo Diácono, na súa Historia Langobardorum só o menciona dúas veces, en 591, cando Childeberto II, rei dos Francos de Austrasia ao final da guerra contra os francos, o entronizou como rei de Baviera, e no 609, ano da súa morte, asasinado polos eslavos que invadiran Baviera.[1][2]
A guerra entre francos e bávaros comezara co predecesor de Tasilón, o seu suposto pai Garibaldo, cando Childeberto non aceptou concertar certos matrimonios políticos para manter a paz.
O feito de que Childeberto nomeara a Tasilón rei, demostra que o control de Baviera estaba en manos dos francos desde o século VI.
Paulo Diácono narra ademais que Tasilón espandeu rapidamente o seu territorio cara a terras eslavas.
Tasilón morreu o ano 610 e foi sucedido polo seu fillo Garibaldo II.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Dunha esposa descoñecida, tivo un fillo, Garibaldo II (falecido en 640), que o sucedeu.[1]
Predecesor: Garibaldo I |
Duque de Baviera 591 – 610 |
Sucesor: Garibaldo II |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Foundation for Medieval Genealogy
- ↑ 2,0 2,1 Settipani 1989, p. 88-9
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Christian Settipani (1989): Les Ancêtres de Charlemagne París: Editions Christian. ISBN 2-9064-8328-1.