T-60
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
T-60 | |
---|---|
Tipo | carro de combate lixeiro |
Orixe | Unión Soviética |
En servizo | 1941 - 1945 |
Usado por | Unión Soviética |
Guerras | Segunda guerra mundial |
Fabricante | GAZ |
Construídos | 6292 |
Peso | 5.8 toneladas |
Lonxitude | 4100 milímetros |
Anchura | 2392 milímetros |
Altura | 1750 milímetros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O T-60 foi un carro de combate lixeiro producido pola Unión Soviética entre 1941 e 1942, período no que saíu da fábrica un total de 6.292 unidades. Tiña capacidade para albergar unha tripulación de dous homes, 4,1 m de longo e 2,3 m de largo e unha altura de 1,75 m; o seu peso era de 5,8 toneladas.
Deseño
[editar | editar a fonte]Ao equipo de deseño de Nicholas Astrov na Factoría de Moscova Nº 37 asignóuselle a tarefa de deseñar carros de combate de exploración anfibios e non-anfibios en 1938. O equipo produciu os prototipos T-30A e T-30B. O primeiro sería fabricado como o carro anfibio T-40 a partir de 1940, e tamén levaría á versión T-40S, o prototipo dun carro máis pesado que foi considerado demasiado complexo para fabricar. O prototipo T-30B, que compartía o chasis do T-40 pero que era de construción máis sinxela e con blindaxe máis pesada, foi aceptado como o carro de exploración T-60, e comezou a producirse en xullo de 1941, xusto despois da invasión alemá.
Aínda que ao principio se pensou en equipar unha metralladora de 12,7 mm como a do T-40, o armamento foi posteriormente mellorado e instalouse o canón de 20 mm TNSh, unha versión para carros do ShVAK, tras o asesoramento do Comisario do pobo para a industria de carros de combate, Vyacheslav Malyshev. Esta arma podía penetrar 15 mm de blindaxe perpendicular a unha distancia de 500 metros, o cal non era axeitado contra os novos blindados alemáns, polo que en 1942 intentou rearmarse o T-60 co canón de 37 mm, pero a idea foi abandonada debido á escaseza de munición de 37 mm que había na Unión Soviética. Por este motivo iniciouse un novo proxecto para equipar o canón estándar de carros de 45 mm nunha torreta modificada. Iso fíxose imposible, e unha nova torreta deseñouse e probouse con éxito no verán de 1942. A nova torreta tiña o canón movido cara ao seu lado dereito para que o compartimento da tripulación fose máis grande, e engadíuselle unha metralladora coaxial. O proxecto rematou cando Stavka elixiu o T-70 como novo carro lixeiro estándar.
O T-60 foi tamén usado no deseño do carro de combate antiaéreo experimental T-90.