Swans
Swans | |
---|---|
Swans en Varsovia no ano 2010 | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1982 - 1997 2010 - presente |
Xénero(s) | avant-garde music, post-punk, rock experimental, art rock, noise rock, música industrial, rock industrial, post-rock, No Wave |
Selo(s) discográfico(s) | Young God, Neutral Records, Homestead, Caroline/Virgin/EMI, Uni/MCA, Invisible, Atavistic |
Membros | Michael Gira Norman Westberg Christoph Hahn Phil Puleo Chris Pravdica Thor Harris |
Antigos membros | Jarboe Vinnie Signorelli Jonathan Kane Sue Hanel Dan Braun Bob Pezzola Daniel Galli-Duani Harry Crosby Roli Mosimann Algis Kizys Ted Parsons Clint Steele Bill Bronson Stevie McAllister Kristof Hahn Ivan Nahem Ronaldo Gonzalez Jon Tessler Bill Rieflin |
Artistas relacionados | Angels of Light, The Body Lovers / The Body Haters, World of Skin |
Na rede | |
http://www.swans.pair.com/ | |
Swans é unha influente banda estadounidense de rock experimental, activa inicialmente de 1982 a 1997, e liderada polo vocalista, compositor e multiinstrumentista Michael Gira. Foi un dos poucos grupos que emerxeu da escena no wave de Nova York de principios dos 80 e permaneceu intacto ata a seguinte década. A banda destacou polas súas voces e a súa estraña instrumentación e contribuíu ao desenvolvemento de xéneros como o noise rock, o post-punk, a música industrial e o post-rock. Tras o ingreso do cantante, compositor e teclista Jarboe, que apareceu por primeira vez no sinxelo de 1986 "Time Is Money (Bastard)" e estreouse como compositor no álbum de 1987 Children of God, Swans comezou a incorporar máis melodía e complexidade á súa música. A banda disolveríase no ano 1997, permanecendo como únicos membros constantes durante esa época Gira e Jarboe.
En xaneiro do ano 2010 Michael Gira reactivou Swans sen Jarboe e comezou a traballar nun novo álbum, My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky. Gira conseguiu unha serie de membros estables cos que comezou a xirar por todo o mundo e cos cales editou unha serie de traballos aclamados pola crítica.[1] Con estes músicos a banda realizou os seus últimos concertos en novembro de 2017, ao finalizar a xira de promoción do seu álbum The Glowing Man. Dende 2019 Gira toca e grava con Swans como "un conxunto xiratorio de colaboradores".[2] O seu último álbum ata a data, Leaving Meaning, foi editado o 25 de outubro de 2019.
Estilo e legado
[editar | editar a fonte]A música de Swans transformouse enormemente ao longo das década, pero é normalmente escura[3] e "apocalíptica",[4] a miúdo centrándose nos temas de poder, relixión, sexo e morte, sendo asociada xeralmente ao rock experimental.[5][6] Segundo Spin, a banda demostra "inigualable capacidade de traducir a violencia absurda da condición humana en música tan embriagadora como intensa".[7]
Os seus primeiros traballos, con raíces no movemento no wave baseado na cidade de Nova York e que esvaecía no momento da súa formación en 1982,[8] son extremadamente agresivos, caracterizados por Michael Gira como "eliminando os elementos esenciais do que consideramos que é a música rock".[9] The Guardian descríbeo como "un latexo rítmico cacofónico que se inspirou no post-punk, na música industrial, no doom metal, no minimalismo de vangarda de NYC e no blues; un son que coincidíu coas preocupacións líricas a miúdo nihilistas, antinatalistas e existenciais de Gira ... entregado de maneira estentiana e mesiánica".[10] Swans contribuíu tanto á música industrial[11] como ao noise rock[12] e influenciou a aparición do grindcore e do sludge metal.[13] A finais dos 80 a música de Swans comezou a incorporar elementos máis melódicos e intricados, especialmente dende a estrea de Jarboe como compositor no Children of God de 1987.[14]
Aínda que xeralmente mantiveron moita disonancia, os seguintes traballos da banda aventurouse cara xéneros como o post-punk,[15] o rock gótico,[3] o neofolk,[16] o rock psicodélico[17] e o art rock.[4] O seu último álbum antes de separarse, o Soundtracks for the Blind de 1996, é un dobre álbum que enfatiza a atmosfera, ramificándose cara ao post-rock,[3][17] o drone e o dark ambient.[18] Dende que se reformou en 2010, continuaron asociados co post-rock[15] e a música drone,[6] ademais do noise rock.[14] Os seus tres últimos dobres álbums, cos que a banda conseguiu a aclamación xeneralizada da crítica, adoitan incluír cancións longas que desenvolven complexas paisaxes sonoras.[19]
Swans foi citada como unha influencia por unha gran variedade de músicos de rock experimental e de metal extremo, como membros de Napalm Death,[20] Godflesh,[21] Melvins,[22] Neurosis,[23] Nirvana,[24] Tool,[25] My Dying Bride,[26] Leviathan,[27] Weakling[28] e Khanate[29]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Filth | 1983 | Labour Records |
Cop | 1986 | K.422 |
Greed | 1986 | K.422 |
Holy Money | 1986 | K.422 |
Children of God | 1987 | Caroline |
The Burning World | 1989 | Uni/MCA Records |
White Light from the Mouth of Infinity | 1991 | Young God Records |
Love of Life | The Great Annihilator | Young God Records |
The Great Annihilator | 1995 | Young God Records |
Soundtracks for the Blind | 1996 | Atavistic |
My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky | 2010 | Young God Records |
The Seer | 2012 | Young God Records |
To Be Kind | 2014 | Young God, Mute |
The Glowing Man | 2016 | Young God, Mute |
Leaving Meaning | 2019 | Young God, Mute |
The Beggar | 2023 | Young God |
EPs
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Swans | 1982 | Labor |
Young God | 1984 | K.422 |
Love Will Tear Us Apart | 1988 | Product Inc. |
Die Tür ist zu | 1996 | Rough Trade/Revolver |
Oxygen | 2014 | Young God/Mute |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Metacritic (ed.). "Swans". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2010. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Facebook (ed.). "Últimos concertos". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Terich, Jeff (2013-09-26). "Beginner's Guide: Swans". Treble (en inglés). Consultado o 2019-12-28.
- ↑ 4,0 4,1 Gittins, Ian (2013-04-05). "Swans – review". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-12-28.
- ↑ Stone, Rolling; Stone, Rolling (2016-06-16). "20 Rock Albums Turning 20 in 2016". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-12-28.
- ↑ 6,0 6,1 mhamad@ctnow.com, By MICHAEL HAMAD. "Michael Gira Explains Why Drones Are Central To The Sound Of Swans". courant.com. Consultado o 2019-12-28.
- ↑ "Review: Swans, 'The Glowing Man'". Spin. 2016-06-21. Consultado o 2019-12-28.
- ↑ "A Beginner's Guide to No Wave". FACT Magazine: Transmissions from the underground (en inglés). 2014-03-10. Consultado o 2019-12-28.
- ↑ johnrobb (2013-02-10). "Swans : in depth interview with Michael Gira". Louder Than War (en inglés). Consultado o 2019-12-28.
- ↑ Doran, John (2015-12-04). "Enduring Love: why Swans are more vital now than ever". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-12-28.
- ↑ Reynolds, Simon (2005). Rip It Up and Start Again: Postpunk 1978–1984. (Page 487) Londres: Faber and Faber. ISBN 0-571-21569-6
- ↑ "Noise-Rock Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ Chantler2016-10-12T16:00:00Z, Chris. "The 10 essential sludge metal albums". Metal Hammer Magazine (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ 14,0 14,1 "Swans | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ 15,0 15,1 "Swans: The Only No Wave Act That Survived". PPcorn (en inglés). 2014-10-02. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Freaking folk out: Swans’ early 90s classics rediscovered". The Line of Best Fit (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ 17,0 17,1 "Swans Albums From Worst To Best". Stereogum. 2012-11-09. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "MAGNET Classics: The Making Of Swans' "Soundtracks For The Blind"". Magnet Magazine (en inglés). 2016-08-16. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Swans: The Glowing Man". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ Digby (2010-04-06). "ASK EARACHE: Napalm Death 'tributes' to Swans and Repulsion.". ASK EARACHE. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ Bennett, J. (2014-07-08). "Justin Broadrick on The Secret History of Godflesh". Vice (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Buzz Osborne interview". www.markprindle.com. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ Deller, Alex (2016-11-03). "Neurosis: 'Crass were the mother of all bands'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Kurt Cobain's 50 Favourite Albums". Kerrang!. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Maynard James Keenan details how Tool and Rage Against the Machine formed in new biography". Consequence of Sound (en inglés). 2016-10-25. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "My Dying Bride - Release Music Magazine Spotlight". www.releasemagazine.net. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interview with LEVIATHAN :: Maelstrom :: Issue No 5". www.maelstromzine.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Interview with WEAKLING :: Maelstrom :: Issue No 25". www.maelstromzine.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "KHANATE - cosmiclava.com". www.cosmiclava.com. Consultado o 2019-12-29.