Svetlana Alexievich
Svetlana Aleksandrovna Aleksievich, (en ruso: Светлана Александровна Алексиевич, belaruso: Святлана Аляксандраўна Алексіевіч), nada en Stanislav (Ucraína) o 31 de maio de 1948, é unha escritora e xornalista belarrusa en lingua rusa, galardoada co Premio Nobel de Literatura no ano 2015.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Ivano-Frankivsk, entón chamada Stanislav, no oeste de Ucraína de pai belaruso e nai ucraína e criouse en Belarús. Logo de rematar os seus estudos na Universidade Estatal de Belarús, traballou como reporteira para varios periódicos locais e foi correspondente da revista literaria Neman de Minsk.[2]
Como xornalista destacouse pola incorporación das narracións orais das testemuñas dos asuntos tratados. Como escritora este recurso caracteriza a súa obra, pois para os seus libros realizou numerosas entrevistas sobre os acontecementos máis importantes vividos en Belarús e na antiga Unión Soviética: como a segunda guerra mundial tratada en У войны не женское лицо (1984) e en Последние свидетели: сто недетских колыбельных (1985), a Guerra soviético-afgá en Цинковые мальчики (1991), a caída da URSS en Зачарованные смертью (1993) e Время секонд хэнд (2013) e o desastre de Chernóbil en Чернобыльская молитва (1997).
Perseguida polo réxime de Lukašenka deixou Belarús no ano 2000.[3][4] Logo de vivir en París, Gotemburgo e Berlín regresou a Minsk en 2011.[5][6] Nunha entrevista a un diario alemán, citouse que consideraba a lingua belarusa "unha lingua rural e literariamente inmadura", feito que a escritora negou posteriormente.[7][8]
En 2015 foille concedido o Premio Nobel de Literatura ”pola súa obra polifónica, un monumento ao sufrimento e á coraxe no noso tempo”.[9] Deste xeito foi a primeira persoa de nacionalidade belarusa en obtelo así como a primeira xornalista.[10]
En 2020, durante as eleccións presidenciais de Belarús, Alexievich posicionouse contra Aliaksandr Lukašenka e apoiou á candidatura da oposición, Sviatlana Tsikhanouskaia. Despois da vitoria de Lukašenka nunhas eleccións que non cumpriron coas garantías democráticas,[11] Svetlana Alexievich participou nas protestas e uniuse ao presidíum co Consello de Coordinación da oposición sendo dende entón unha das voceira máis recoñecida da oposición ao réxime de Belarús.[12][13] Polos seus compromiso tivo que prestar declaración ante a policía,[14] optando finalmente por deixar de novo Belarús, traslandadose a Berlín.[15] En 2022, logo da invasión rusa de Ucraína, asinou unha carta de condena dos feitos canda outros autores en lingua rusa na que urxían aos comunicadores rusos a contar a verdade sobre os acontecementos.[16] Pola súa banda, cualificou o papel exercido por Aliaksandr Lukašenka na guerra como un "crime".[17]
Obra
[editar | editar a fonte]- У войны не женское лицо (U voyny ne zhenskoe litso), Minsk: Mastatskaya litaratura, 1985.
- Последние свидетели: сто недетских колыбельных (Poslednie svideteli: sto nedetskikh kolybelnykh), Moscova: Molodaya Gvardiya, 1985
- Цинковые мальчики (Tsinkovye malchiki), Moscova: Molodaya Gvardiya, 1991
- Зачарованные смертью (Zacharovannye smertiu), Moscova: Slovo, 1994. ISBN 5-85050-357-9
- Чернобыльская молитва (Chernobylskaya molitva), Moscova: Ostozhye, 1997. ISBN 5-86095-088-8
- Poslednie svideteli: sto nedetskikh kolybelnykh, Moscova, Palmira, 2004, ISBN 5-94957-040-5.
- Время секонд хэнд (Vremia sekond hend), Moscova: Vremia, 2013. ISBN 978-5-9691-1129-5
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Colás, Xavier; Alemany, Luis (8 de outubro de 2015). "Svetlana Alexievich, una periodista, gana el Premio Nobel de Literatura 2015". elmundo.es (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023.
- ↑ "Ficha de Svetlana Alexievich do Who is who in Belorussia (en ruso)". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2014. Consultado o 08 de outubro de 2015.
- ↑ Biografía de Aleksievich da web da Lannan Foundation
- ↑ "Svetlana Alexievich: The Empire Will Not Pass Away Without Bloodshed". www.belarusians.co.uk. 18 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2015. Consultado o 08 de outubro de 2015.
- ↑ PEN-Zentrum Deutschland (ed.). "Svetlana Alexievich". www.pen-deutschland.de. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 8 de outubro de 2015.
- ↑ Friedenspreis des Deutschen Buchhandels (ed.). "Winners of the Peace Prize". www.friedenspreis-des-deutschen-buchhandels.de. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2015. Consultado o 8 de outubro de 2015.
- ↑ ""Svetlana Alexievich: Belarusian Language Is Rural And Literary Unripe" BelarusDigest, 28 de xuño de 2013". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 08 de outubro de 2015.
- ↑ "Nobel Prize for Literature: Svetlana Alexievich of Belarus wins honour for 'extraordinary' witness accounts of war". ABC News (en inglés). 8 de outubro de 2015. Consultado o 8 de outubro de 2015.
- ↑ Diario, Nós. "A descoñecida bielorrusa Svetlana Alexievich gaña o Nobel de Literatura". Nós Diario. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "Svetlana Alexievich wins Nobel Literature prize". BBC News (en inglés). 2015-10-08. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "OSCE Rapporteur’s Report under the Moscow Mechanism on Alleged Human Rights Violations related to the Presidential Elections of 9 August 2020 in Belarus" (PDF). osce.org.
- ↑ Rapp, Tobias; Weidermann, Volker (2020-11-20). "Svetlana Alexievich on the protests against Alexander Lukashenko in Belarus". Der Spiegel (en inglés). ISSN 2195-1349. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "Executive Committee". Rada.vision (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "Nobel laureate Svetlana Alexievich appears for police questioning in Minsk but remains defiant". Meduza (en inglés). Consultado o 2022-03-12.
- ↑ Welle (www.dw.com), Deutsche. "Alexievich: 'It's a shame the road to freedom is so long'". DW.COM (en inglés). Consultado o 2022-03-12.
- ↑ International, P. E. N. (2022-02-27). "Nobel Laureates, writers and artists worldwide…". PEN International (en inglés). Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "Belarusian Nobel Laureate Alexievich Says Lukashenka's Actions Over Ukraine A 'Crime'". RadioFreeEurope/RadioLiberty (en inglés). Consultado o 2022-03-12.