Subida a Celas de Peiro
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | carreira de montaña |
Organizador | Escudería Centollo |
Parte de | Campionato Galego de Automobilismo e Campionato de Galicia de Montaña |
Localización e Datas | |
Localización | Celas (Culleredo) 43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111 |
País | España |
Vixencia | 1976 – 1982 |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Alberto González Fernández (3) |
A Subida a Celas de Peiro foi unha carreira automobilística de montaña celebrada anualmente en Celas (Culleredo) entre 1976 e 1982. Estaba organizada pola Escudería Centollo e foi puntuable para o Campionato Galego de Automobilismo e o Campionato de Galicia de Montaña.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1975 o Moto Club Coruña organizara unha subida motociclista a Celas, en Culleredo. En 1976 pasaron a celebrarse o mesmo día a subida motociclista e outra para automóbiles organizada pola Escudería Centollo.[1] O coruñés Santiago Salido cun Alpine A110 1800 gañou a primeira edición e tamén a segunda, empatando nesta última no primeiro posto co pontevedrés Alberto González "Camba". En 1978 o gañador foi o coruñés Carlos Arrojo cun SEAT 600 1800, mentres que os Alpine A110 1800 de Camba e José Manuel Oanes completaron o podio.[2] Camba venceu de novo en 1979 e 1982, mentres que Carlos Piñeiro e Luis Barrio gañaron nas edicións de 1980 e 1981.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ano | Nome | Vencedor | Vehículo |
---|---|---|---|
1976 | I Subida á Coruña[1] | Santiago Salido | Alpine A110 1800 |
1977 | II Subida á Coruña[3] | Santiago Salido e Camba (empate) | |
1978 | III Subida a Celas de Peiro "Memorial Carlos Pan Aguiar"[2] | Carlos Arrojo | SEAT 600 1800 |
1979 | IV Subida de Velocidade á Coruña[4] | Camba | Selex Fórmula 1800 |
1980 | V Subida a Celas de Peiro[5] | Carlos Piñeiro | SEAT 124 2100 |
1981 | VI Subida automobilística a Celas de Peiro[6] | Luis Barrio | Selex Fórmula 1800 |
1982 | VII Subida a Celas[7] | Camba | Selex 16V |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Esperanzador triunfo general obtenido por los pilotos de la Escudería «La Coruña», en la pasada «I Subida a La Coruña»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 24 de marzo de 1976. p. 41.
- ↑ 2,0 2,1 "Subida a Celas de Peiro". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de marzo de 1978. p. 39.
- ↑ "Jesús Bárbara, vencedor en la Subida a Celas". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de marzo de 1977. p. 45.
- ↑ "Los F-1800 dominaron la IV Subida de velocidad a La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de marzo de 1979. p. 29.
- ↑ "Carlos Piñeiro, vencedor en Celas de Peiro". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 1980. p. 37.
- ↑ "Triunfo del ferrolano Luis Barrio". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 1981. p. 36.
- ↑ "Camba, incontenible en la «Subida a Celas»". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de marzo de 1982. p. 38.