[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

South Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

South Park
XéneroComedia, humor negro, slapstick, sátira
FormatoSitcom animada
Creado porTrey Parker
Matt Stone
IntérpretesTrey Parker
Matt Stone
Mona Marshall
April Stewart
Tema de aperturaSouth Park (por Primus)
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas26
Episodios325
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Trey Parker
Matt Stone
Anne Garefino
Duración22 minutos (aprox.)
DistribuidorParker-Stone Studios
Emisión orixinal
Canle de orixeComedy Central
Formato de imaxe480i (SDTV, 1997-2008)
1080i (HDTV, dende 2009)
Primeiro episodio13 de agosto de 1997
Derradeiro episodio
En emisión
Na rede
https://southparkstudios.com
IMDB: tt0121955 Filmaffinity: 189667 Allocine: 546 Rottentomatoes: tv/south_park Metacritic: tv/south-park TV.com: shows/south-park
Facebook: southpark Twitter: SouthPark Instagram: southpark Tumblr: southparkdigital Youtube: UC7R27sAWc_DqOldtI1JcYhQ Netlix: 70136107 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

South Park é unha serie cómica animada creada por Matt Stone e Trey Parker e distribuída por Warner Bros. Television e transmitida por Comedy Central desde 1997 nos Estados Unidos de América e o desaparecido canal Locomotion e por MTV Latinoamérica desde o 2005. Trata sobre as aventuras de catro nenos que viven nunha pequena vila chamada South Park, en Colorado. South Park fai sátira e crítica de moitos aspectos da cultura americana e eventos recentes, reta as firmes crenzas e os tabús e moi seguido fai uso do humor negro. No mes de Nadal de 2004, a serie atopábase na oitava tempada e asegurouse que a décima fixera o seu debut o 9 de marzo de 2005.

O programa caracterízase por manexar eventos actuais dunha maneira moi franca. Algúns exemplos: un episodio que trata sobre a repatriación dunhas quintuxemelgas romanesas que saíu ao ar durante o escándalo sobre Elián González (o neno balseiro), e tamén incluía personaxes coma Janet Reno, a Fiscal Xeral nese entón. Outro episodio transmitido despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 mostraba os nenos viaxando nun avión militar en dirección a Afganistán e atopando a Osama bin Laden. Un episodio, no que aparece unha muller que accidentalmente expuxo un dos seus seos e lanzou un chorro de leite materno a través da vila, foi transmitido despois do fallo no vestiario de Janet Jackson durante a Super Bowl XXXVIII. Noutro episodio Kenny McCormick dura morto uns días e vive de forma vexetativa (recibe o sobrenome de "Kenny tomate") ao ser atropelado por un automóbil, soamente xogaba a un videoxogo de anxos contra demos, e ante iso ábrese un acalorado debate sobre a necesidade de desconectar a súa sonda; finalmente, Kenny morre polos anxos, para que dirixise o contraataque contra os demos. Iso sucedeu despois da desconexión da sonda e posterior morte de Terry Schiavo. O programa estreouse 12 horas despois da morte de Terry.

Historia da serie

[editar | editar a fonte]

South Park ten a súa orixe no ano 1991, cando Parker e Stone, naquel entón estudantes de cinema na Universidade de Colorado, crearon un curto animado chamado Jesus vs. Frosty (tamén coñecido coma The Spirit of Christmas ou "o espírito do Nadal"). O filme, realizado con técnicas rudimentarias, presenta os prototipos dos nenos de South Park, incluíndo unha personaxe similar a Cartman pero chamado "Kenny", quen trae un home de neve asasino á vida usando un sombreiro máxico. O neno Xesús entón salva o día decapitando o monstro coa súa auréola.

Os executivos da cadea Fox viron o filme e pareceulles moi gracioso. En 1995 o executivo Brian Graden contratou a Parker e Stone para crear un segundo curto animado para enviar a algúns amigos coma unha tarxeta de Nadal. Baixo o título The Spirit of Christmas, semellábase moito máis en estilo ao estilo empregado máis tarde na serie, e presentaba un duelo de artes marciais (rematando en tregua) entre Xesús e Papá Noel, iniciado por unha discusión sobre o verdadeiro significado do Nadal. O vídeo foi esparcido rapidamente, tanto en copias de vídeo como a través da entón novidosa Internet. A produción deste curto levou ao planeamento da serie, primeiro con Fox e logo con Comedy Central. A serie foi estreada o 13 de agosto de 1997.

En febreiro de 1998 foi presentado o episodio número trece (e último da primeira tempada), no cal Cartman intenta atopar a seu pai. O episodio remata anunciando que o misterio sería revelado en catro semanas. Catro semanas máis tarde foi presentado un episodio completamente dedicado a Terrance e Phillip (dous comediantes canadenses ficticios) causando un grande escándalo entre os fanáticos. Aparentemente tratouse dunha broma do día dos inocentes para a audiencia.

Ao ano seguinte, a moi aclamada longametraxe animada, South Park: Más grande, más largo y sin cortes foi estreada. O filme conseguiu satirizar tanto a si mesma como ás reaccións dos moralistas conservadores.

Personaxes da serie

[editar | editar a fonte]

As personaxes e escenares de South Park están deseñados para semellar animacións moi crúas; a animación non é producida co método tradicional de debuxos sobre acetatos, senón que semella feita de recortes de papel. A pesar de que ese foi o método empregado polos seus creadores nos inicios da serie, actualmente toda a animación se realiza con software para animación.

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]

As personaxes principais son catro nenos estudantes de primaria:

  • Eric Cartman, un neno gordo, malcriado, agresivo, intolerante e racista.
  • Stan Marsh, amábel e nervioso, cun gran sentido sobre o que é bo e o que non o é.
  • Kyle Broflovski, o máis listo, crítico da autoridade e xudeu.
  • Kenny McCormick, un neno pobre de clase económica baixa, obsesionado co sexo e as bromas sobre o mesmo.
  • Leopold "Butters" Stotch, nervioso e facilmente manipulábel polos demais nenos. Substituíu a Kenny durante a primeira metade da sexta tempada.
  • Tweek, adicto á cafeína. Substituíu a Kenny durante a segunda metade da sexta tempada.

Matt e Trey decidiron, ao iniciar a serie, que Kenny debería morrer en cada episodio de calquera maneira, o que serviría como gancho xa que o espectador se podería confundir ao non saber se estaban vendo un episodio anterior á morte de Kenny e ao non esperar que morrera outra vez, por exemplo. Despois da morte de Kenny en cada episodio Stan diría ¡Oh, meu Deus, mataron a Kenny! e Kyle añadiría ¡Fillos de puta!. Kenny aparecería no comezo de cada episodio e ninguén mencionaría as súas mortes dos episodios anteriores.

Por un tempo, despois dos eventos de South Park: Más grande, más largo y sin cortes, Kenny morreu “permanentemente”, aínda que a súa pantasma aparecía algunhas veces. Recentemente volveu á vida e é unha personaxe principal de novo. Kenny morreu no último episodio da temporada sete, pero sobreviviu intacto o primeiro da oitava tempada. Foi morto durante a oitava tempada (e sen a cara cuberta) polo “Sr. Jefferson” ou Michael Jackson. Aparentemente, os creadores decidiron non matar a Kenny a menos que fora unha situación verdadeiramente graciosa.

Algunhas personaxes usadas frecuentemente, ademais dos nenos protagonistas e as súas familias, inclúen o Sr. Herbert Garrison, a Srta. Selastraga, o Sr. Mackey (o conselleiro da escola), Jerome “Chef” McElroy (dobrado na versión en inglés por Isaac Hayes), o Oficial Barbrady, e os compañeiros de clase Wendy Testaburger, Token Williams e os nenos discapacitados Timmy e Jimmy.

Personaxes menores e 'celebridades'

[editar | editar a fonte]

Parte da natureza surrealista derívase da aparición de personaxes menores na serie. Aparicións prominentes inclúen a Deus (quen aparece coma un híbrido de roedor e hipopótamo), Xesús (unha personaxe recorrente, vive en South Park e ten un programa en televisión de acceso público chamado "Xesús e os seus amigos"), Satanás e o seu amante Saddam Hussein, A Morte, e o Sr. Mollón (Mr. Hankey, A Popó do Nadal).

Algunhas celebridades apareceron no programa voluntaria ou involuntariamente. Algúns exemplos son:

Aínda que South Park se caracteriza polo seu humor e tramas controvertidas, os televidentes tamén poden gozar de música orixinal da serie.

É importante mencionar que as liñas de Kenny tanto na canción como no seu parlamento (excepto nunha ocasión na película e outra na oitava tempada) non son escoitadas claramente, debido a que sempre usa o seu abrigo coa carapucha posta sobre a súa cabeza e cubrindo case toda a súa faciana. O feito de que estes parlamentos sexan “incomprensíbeis” axuda a que sexan aceptadas polos censores da cadea.

Cancións populares como “Kyle’s Mom is a Bitch” (“A nai de Kyle é unha puta”) orixináronse no programa, pero as habilidades musicais dos creadores non se utilizaban con frecuencia até o lanzamento do filme musical de South Park. A banda sonora da película inclúe cancións como “O meu doce fogar” (“Mountain Town”), “Bastardo Fillopinche” (“Tío Collóns” en Latinoamérica; “Uncle Fucka” en inglés), “Que Faría Brian Boitano?” (“What World Brian Boitano Do”?), “Estou Super” (“I’m Super”) e “Culpa a Canadá” (“Blame Canadá”, nomeada a un Premio Oscar e un premio Efrén.

Trey Parker e Matt Stone, en ocasións, interpretaron estas e outras cancións non relacionadas con South Park, nunha banda baixo o nome de DVDA.

Outras contribucións, ademais das de Trey e Matt, son as de Isaac Hayes, voz do Chef na versión en inglés, e da banda Primus os cales cantan a canción de apertura e a canción final da serie. Tamén é emocionante a música incluída en cada episodio, que logra acentuar os momentos máis dramáticos da trama.

South Park e a política

[editar | editar a fonte]

O inclinamento cara a política de South Park é tema de debate. A serie recibiu severas críticas polos conservadores polos temas da serie e a súa linguaxe ofensiva. Porén, a diferenza doutras series satíricas, o humor político de South Park vese usualmente como unha burla das celebridades liberais e as súas causas. Trey Parker declarou nunha entrevista ser un liberal de mente aberta. Noutras entrevistas, Trey Parker e Matt Stone describiríanse coma Republicanos liberais (con ele minúscula). De calquera maneira, a serie burlouse de todos os aspectos da política. De feito, un novo comercial en Comedy Central despois dunha listaxe de categorías de persoas das que South Park se mofou, incluíndo negros, homosexuais, políticos, xente con problemas físicos etc., dicía "Sentímolo se South Park se esqueceu de vostede".

Miscelánea

[editar | editar a fonte]
  • O filme Bowling for Columbine inclúe unha breve entrevista con Matt Stone que suxire que South Park está inspirada en gran parte na infancia de Parker e Stone en Littleton, Colorado. Stone afirma que Littleton é un pobo dolorosamente normal, cunha visión altamente intolerante e comportamento non conformista. Isto podería explicar algunhas das bromas da serie.
  • A aparición de Stone na película é seguida por unha caricatura sen créditos cun estilo de animación parecido ao de South Park; mais non foi o traballo de ningún dos creadores de South Park. Volveuse un tema de disputa entre Matt e Trei e o creador de Bowling for Columbine Michael Moore, xa que crían que Moore trataba de implicar que eles contribuíron ao filme. Dise que a aparición de Moore como un terrorista suicida na súa película do 2004 Team America: World Police é a súa sardónica resposta ao incidente.
  • Os Miserábeis tamén fixo aparicións especiais ao longo da serie, incluíndo unha aparición de Cossete, o número de prisión de Cartman 24601 (o número de Jean Valxean) e unha canción enteira en a película está baseada na canción da obra One Day More.
  • Unha rutina cómica foi transmitida para o trinta aniversario de Monty Python como un tributo, parodiando a "rutina do papagaio morto". A parodia toma lugar nunha tenda de amigos, á cal Eric Cartman entra reclamando que o amigo que comprou (Kenny) está morto.

Evolución da serie

[editar | editar a fonte]

Os primeiros episodios de South Park estaban orientados para ser moi crus, mais os máis recentes xa non o son e están máis orientados a burlarse de eventos actuais. Isto fíxose evidente na primeira metade da oitava temporada: algúns eventos dos episodios inclúen a visita de Michael Jackson a South Park, os nenos vendo A Paixón de Cristo, os traballadores do pobo perdendo os seus empregados por inmigrantes do futuro, e un episodio no que aparece unha cámara de xoguete Paris Hilton.

No audio comentario do DVD da temporada 4, Parker e Stone dixeron que a partir do episodio 408, "Chef Goes Nanners", comezaron a facer tramas que xiraban en torno a un só tema, no canto de ter varias sub-tramas ao mesmo tempo.

No 2002 emitiuse o episodio Free Hat. Neste episodio, debido ao comentario de Kyle no programa Nightline' de Tede Koppel, de que cambiar a película de E.T. sería como cambiar Raiders of the Lost Ark, as personaxes de South Park baseados en George Lucas e Steven Spielberg decidiron alterar a primeira película de Indiana Jones. Pouco despois de ser transmitido este episodio, Lucas e Spielberg anunciaron que non alterarían Raiders of the Lost Ark para a súa versión en DVD, contrario aos rumores sobre este tema. Stone e Parker despois declararon nunha entrevista para o programa especial de VH1 Inside South Park que este episodio evitou que se alterara a película.

Mentres estaban na escola superior, Stone e Parker colaboraron na película Cannibal! The Musical, unha película que parodia as películas do Vello Oeste con varios números musicais cómicos. Despois crearon Orgazmo, unha comedia sobre un mormón estelarizando nunha película pornográfica, que foi distribuída grazas ao éxito de South Park máis tarde ese mesmo ano. O dúo apareceu na película BASEketball (1998) dirixida por David Zucker. A súa última colaboración xuntos foi unha película de acción e comedia con marionetas, Team America: World Police.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]