[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Soiuz T-15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz T-15
TipoTripulada
Data de lanzamento13 de marzo de 1986, 12:33 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión125,0 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coas estacións espaciais Saliut 7 e Mir.[2][6]
Regreso16 de xullo de 1986, 12:34 GMT[1][6]
NSSDC ID1986-022A
Masa7000,0 kg[2][5][6]

Soiuz T-15 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 13 de marzo de 1986 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz T-15, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Leonid Kizim e Vladimir Soloviov a bordo, foi unha misión lanzada para ser a primeira en acoplarse coa estación espacial Mir e viaxar logo á estación Saliut 7, converténdose na primeira nave espacial en viaxar entre dúas estacións espaciais.[2][3][4][5]

A bordo da Mir a tripulación adicouse a facer diversos experimentos científicos e tecnolóxicos. O 17 de abril a estación manobrou para asemellar a súa órbita á da Saliut 7, cunha separación de 4000 km. O 5 de maio, tras seis semanas a bordo da Mir, Kizim e Solovyov partiron na Soiuz T-15 cara a Saliut 7 nunha misión para reparala e poñela en marcha. Os cosmonautas acopláronse manualmente coa Saliut 7 e atopárona xeada e sen enerxía eléctrica. Tras un duro traballo conseguiron recuperar enerxía e restaurar o sistema de mantemento de vida, así como recuperar experimentos deixados a bordo pola tripulación anterior. A Soiuz T-15 deixou a estación o 25 de xuño tras 51 días acoplada á Saliut 7, regresando á Mir ao día seguinte, levando consigo 400 kg de material científico.[2][3][4][5]

Os cosmonautas regresaron a terra o 16 de xullo de 1986 ás 12:34 GMT, a uns 55 km ao nordeste de Arkalyk (Casaquistán).[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-T 15" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-T 15" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 27 June 1986 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (86-18295). 8 de xullo de 1986: 2. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz T-15" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -T 1 - 15 (7K-ST, 11F732)" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz T-15" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2017.