[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Socken

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ekers socken en Närke nun mapa do hundred de Örebro

Socken é o nome usado para unha parte dun condado en Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia. Un socken é unha área que previamente foi como unha parroquia civil ou unha parroquia administrativa. Anteriormente estaba unida a unha parroquia, pero no presente é unha área tradicional con distintas fronteiras que as das parroquias orixinais. Nalgunhas partes de Suecia o uso de "socken" como unha forma de describir unha zona é máis importante que noutras. Un socken pode ter tamén o mesmo nome que unha localidade ou parroquia.

Socken, en sueco antigo sokn, en dinamarqués ou bokmål sogn, e en nynorsk sokn, é un nome arcaico para as parroquias eclesiásticas orixinais dos condados, kyrksocken. Tamén describe a unha área secular, un sockenkommun ("localidade rural") ou a unha área de impostos, un jordbokssocken.[1][2] Nos países nórdicos un socken era unha área administrativa formada por varias vilas ou localidades semellante ás parroquias civís en Inglaterra, pero o concepto non é usado para referirse ás cidades. Un socken tiña unha igrexa parroquial, estanba gobernado por un consello e foi o predecesor dos municipios modernos.[3][4]

En 1862, os kyrksockens e os sockenkommuns foron abolidos en Suecia como áreas administrativas durante as reformas dos municipios. O jordbrukssocken seguiu en uso ata que o Fastighetsdatareformen ("reforma do rexistro de bens inmobles") completouse entre 1976 e 1995.[5] Despois diso non se realizaron máis alteracións nos sockens.

O 1 de xaneiro de 2016 apareceu en Suecia unha nova división administrativa e área estadística, o distrito. Xeograficamente os distritos correspóndense coas límites que tiñan as parroquias da Igrexa de Suecia o 31 de decembro de 1999. Ao redor do 85% dos vellos sockens correspóndense cos novos distritos.[6][7]

Aínda que o termo socken xa non é usado pola administración sueca, este segue usándose na catalogación e rexistro de arquivos históricos (Swedish National Heritage Board), botánicos, na investigación de dialectos, na toponimia e por sociedades históricas locais. O socken é un parámetro axeitado para estes propósitos xa que non cambiaron co paso do tempo.[8]

  1. Norstedts ordbok, ed. (1998). Svenska akademiens ordlista över svenska språket. Estocolmo. p. 876. ISBN 91-7227-032-2. 
  2. Brink, Stefan (1990). Gustav Adolfs akad, ed. Sockenbildning och sockennamn : studier i äldre territoriell indelning i Norden = Parish-formation and parish-names : studies in early territorial division in Scandinavia. Uppsala. ISBN 91-85352-17-9. 
  3. SAOB (ed.). "Välkommen till OSA!". Consultado o 8 de abril de 2018. 
  4. Brink, Stefan (1991). "Sockenbildningen i Sverige". En Andersson, Roger (ed.). Kyrka och socken i medeltidens Sverige: en samling uppsatser (en sueco). pp. 113–142. ISBN 9171928251. 
  5. Sveriges Riksdag (ed.). "Förordning (1983:594) om genomförande av fastighetsdatareformen". Consultado o 8 de abril de 2018. 
  6. Regeringskansliet (ed.). "Förordning om distrikt" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2018. Consultado o 8 de abril de 2018. 
  7. Lantmäteriet (ed.). "Nya folkbokföringsdistrikt" (PDF). Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 8 de abril de 2018. 
  8. Riksantikvarieämbetet, ed. (1991). Förteckning över städer och socknar. D. 1, Alfabetisk och efter sockennummer. Estocolmo. ISBN 91-7209-149-5.