[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sociedade aberta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A sociedade aberta é un concepto que foi orixinalmente creado polo filósofo Henri Bergson. Segundo el, esas sociedades teñen gobernos que son tolerantes e responden os desexos e inquietudes da cidadanía con sistemas políticos transparentes e flexibles. Os órganos do Estado non manteñen segredos entre si ou do público. Nin o goberno nin a sociedade son autoritarios e o coñecemento común ou social pertence a todos. A liberdade política e os dereitos humanos son os principios fundamentais que rexen a sociedade aberta.

Na definición de Karl Popper, atopada no seu libro de dous volumes The Open Society and Its Enemies a "sociedade aberta" é aquela que se asegura de que seus líderes poidan ser destituídos sen a necesidade de derramamento de sangue, por oposición ás sociedades autoritarias nas cales unha violenta revolución ou un golpe de estado se fai necesario para alterar o seu liderado. Engade que nunha "sociedade aberta" "os individuos encaran decisións persoais", por oposición ás "sociedades máxicas, tribais ou coleticvistas".[1].

O concepto de "sociedade aberta" de Popper é máis epistemolóxico que político.[2] De acordo coa súa teoría, o feito de que o coñecemento humano é provisional e imperfecto implica a necesidade de que as sociedades estean abertas a distintos puntos de vista. Pretensións ó dominio de certos coñecementos e da verdade final conducen á imposición dunha única versión da realidade.[2] Contrastando con iso, nunha "sociedade aberta" cada cidadán debe formar a súa propia opinión sobre a realidade e para iso é necesario ter liberdade de expresión e de pensamentos, e o mantemento de institucións legais e culturais que a favorezan. Unha "sociedade aberta" tamén debe ser pluralista e multicultural para que se poida beneficiar da análise do maior número de puntos de vista nos seus problemas.[2]

  1. Popper, K., "The Open Society and Its Enemies, Volume One", Routledge (1945, reprint 2006), chapter 10 part I
  2. 2,0 2,1 2,2 Soros, George, "The Age of Fallibility", PublicAffairs, 2006