[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

SmackDown!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

WWE SmackDown Live é un programa de televisión de loita libre profesional que se emite nos Estados Unidos pola canle CW e ESPN Radio e no Canadá pola canle The Score. É producido por World Wrestling Entertainment (WWE).

As superestrelas de SmackDown normalmente realizan catro presentacións á semana. A WWE xeralmente grava a presentación os martes á noite para pasala por CW os venres desa mesma semana. Porén, unha ou dúas veces ó ano o programa pode ser transmitido en vivo.

Historia do programa

[editar | editar a fonte]

Previo a separación de marcas

[editar | editar a fonte]

WWF SmackDown! (como era coñecido orixinalmente) foi creado para competir directamente co programa Thunder da WCW, o cal era transmitido os xoves a noite. Orixinalmente esperábase que o programa fose dúas horas de Divas (modelos femininos). Porén, isto non funcionou, polo que SmackDown! converteuse nun programa que servía para complementar a RAW (outro espectáculo televisivo da WWE).

A primeira aparición de SmackDown! foi en maio do 1999 usando a escenografía de "Raw is War" (Raw e guerra, xogo de palabras do nome do programa en inglés usado durante a era Attitude). Con todo, durante o transcurso de 1999, a WWF experimentou un aumento significativo de fanáticos novos que sintonizaban o programa Raw is War. En agosto do 1999 SmackDown! fixo o seu debut na canle UPN. Ó igual que WCW Thunder, SmackDown! era gravado os martes e despois transmitido os xoves. O programa da WWF chegou a tal nivel de popularidade que a WCW moveu a Thunder aos mércores coa esperanza de reter os seus fans. SmackDown!, ao igual que Thunder, usaba a cor azul (mentres que o seu programa irmá Raw se caraterizou polo cor vermella).

O tema musical orixinal de SmackDown!, en comparación con Raw is War, non era unha canción dunha banda; no canto disto, a WWE creou un tema baseado na mestura dos xéneros de tecno e rock. O primeiro escenario de SmackDown! era único debido a que tiña unha pantalla xigante ovalada, o cal o diferenciaba da tradicional pantalla rectangular noutros escenarios da loita libre. En agosto do 2001, como parte da celebración do 2º Aniversario de SmackDown!, o programa recibiu o seu logo e escenario actual.

División de marcas

[editar | editar a fonte]

A comezos do 2002, World Wrestling Entertainment (daquela coñecida como a Federación Mundial de Loita) realizou o que se chegou a coñecer como a División de Marcas. Isto significaba que os dous programas televisivos da WWE (RAW e SmackDown!) convertéranse en competidores. Isto foi parte dos cambios traídos como consecuencia da adquisición da WWE polos seus competidores maiores, WCW e ECW. A división de marcas foi anunciada ó público durante o programa RAW do 25 de marzo de 2002.

A división de marcas conseguiu un cambio incomparable na historia da WWE. Os loitadores serían talentos exclusivos dun dos programas; loitando soamente para a marca a que pertencían. Neses momentos a única excepción eran os campións, xa que orixinalmente os títulos da WWE serían defendidos en ambos os programas. Así e todo, a finais do 2002, Brock Lesnar, Campión Mundial da WWE neses momentos, negouse a defender o título en RAW, o que lle levou a que o campionato se convertese nun título exclusivo de SmackDown!. Despois deste incidente, a WWE asignou a cada programa unha serie de campionatos exclusivos.

A marca SmackDown! ten un programa irmán coñecido como Velocity (Velocidad), o cal é transmitido os sábados á noite por Spike TV nos Estados Unidos. O mesmo consiste en pelexas non estelares e varios segmentos resumidos do pasado SmackDown!.

Campións

[editar | editar a fonte]
Campionato Campións actuais
WWE World Champion Dean Ambrose
WWE Intercontinental Championship The Miz

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]