Skin Graft Records
Skin Graft Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1991 |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.skingraftrecords.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Skin Graft Records (oficialmente escrito como SKiN GRAFT Records) é un selo discográfico independente especializado en no wave e noise rock, baseado orixinalmente en Chicago, Illinois. O selo é en gran parte responsable de enxendrar o xénero "now wave", unha versión actualizada do movemento no wave de finais dos 70 e principios dos 80.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1986, SKiN GRAFT foi creada por Mark Fischer e Rob Syers como unha editorial a pequena escala de cómics bizarros e fanzines. Entre os seus cómics estaban The Kidz e Cynicalmanson.
O primeiro disco do selo foi editado a finais do ano 1991. O fundador Mark Fischer dixo do selo no 2000, "Skin Graft é unha compañía de cómics que saca discos".[1] A mascota da discográfica é 'Hot Satan" un sinxelo diaño de debuxos animados, normalmente amosando cornos heavy.
Entre os artistas que gravaron co selo atópanse Dazzling Killmen, Koenjihyakkei, Brise-Glace (con Jim O'Rourke), Cheer-Accident, The Strangulated Beatoffs, Zeek Sheck, The Chinese Stars, The Flying Luttenbachers, Lake of Dracula, Gorge Trio, Colossamite, Shorty, U.S. Maple, ZZZZZ, Made In Mexico, Melt-Banana, Quintron, Flossie and the Unicorns, Yona-Kit, You Fantastic!, Ruins, Space Streakings, Zeni Geva, AIDS Wolf, Mount Shasta, Arab on Radar, Yowie, Athletic Automaton e PRE.
Mantendo as orixes do selo, moitos lanzamentos musicais de SKiN GRAFT (particularmente 7" e LPs) inclúen mini cómics como insertos. O selo tamén usou empaquetados pouco convencionais nalgúns dos seus lanzamentos. As primeiras copias en vinilo do disco de estrea de U.S. Maple foron empaquetadas en follas metálicas, e o EP sen título de 1988 de Colossamite viña con frisbees de 5 polgadas de varias cores.
Dende 1994 ata 1998, e en 2002, SKiN GRAFT comisionou os festivais OOPS(!) Fests, contando con moitas das súas bandas, xunto con espectáculos paralelos e varios estilos de arte improvisado.[2]
Artistas
[editar | editar a fonte]- AIDS Wolf
- Arab on Radar
- Athletic Automaton
- AIDS Wolf versus Athletic Automaton
- Big'n
- Brise-Glace
- Cellular Chaos
- Cheer-Accident
- Child Abuse
- The Chinese Stars
- Chrome Jackson
- Colossamite
- Dazzling Killmen
- Denison Kimball Trio
- Doomsday Student
- Flossie and the Unicorns
- The Flying Luttenbachers
- Fruitcake
- Gay Beast
- Gorge Trio
- Holy Smokes
- Koenjihyakkei
- Korekyojinn
- Lake of Dracula
- Lovely Little Girls
- Made In Mexico
- Mama Tick
- Melt-Banana
- Mount Shasta
- My Name Is Rar-Rar
- Pre
- Point Line Plane
- Quintron
- Q Electronics
- Ruins
- Ruins Alone
- Sax Ruins
- Satanized
- Shakuhachi Surprise
- Shorty
- Skryptor
- Space Streakings
- Strangulated Beatoffs
- UFO Or Die
- U.S. Maple
- Yona-Kit
- You Fantastic!
- Xaddax
- Yowie
- Zeek Sheck
- Zeni Geva
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "History of SKiN GRAFT...". www.skingraftrecords.com. Consultado o 2019-11-14.
- ↑ "OOPS! (the shows): A History". www.skingraftrecords.com. Consultado o 2019-11-15.