[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sitar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sitar
Información
Clasificación
  • Instrumento de corda pulsada
  • Instrumentos relacionados
  • Pandura
  • Surbahar
  • Rudra veena
  • Saraswati veena
  • Chitra veena
  • Vichitra veena
  • Sarod
  • Sursingar
  • Tambouras
  • Tambura
  • Músicos notablesRavi Shankar

    O sitar (en urdú: ستار, en hindi: सितार, en bengalí: সেতার, en persa: سی‌تار), é un instrumento musical indio e paquistaní, de corda pulsada, de arquitectura semellante á da guitarra, o laúde, ou o banjo. Identifícase polo seu son metalizado e os seus glissandos.

    O sitar é un instrumento versátil con son delicado e brillante, apropiado para expresar o lento desenvolvemento dos ragas así como para servir á interpretación virtuosa.