[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sergio Benito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSergio Benito
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,73 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2011   Rayo Vallecano
2011–2014   Real Madrid CF
2014–2017   Rayo Vallecano
2017–2020 Rayo Vallecano B 25(8)
2018–2019 cesión Barakaldo Club de Fútbol 29(7)
2019–2020 cesión   Cultural Leonesa 23(4)
2020–2022   Real Valladolid 1(0)
2020–2022 Real Valladolid Club de Fútbol B 38(12)
2021–2022 cesión CD Badajoz 16(1)
2022–2023   Córdoba CF 10(1)
2023–2023 Wisła Kraków 10(0)
2023–2024   CF Fuenlabrada 36(7)
2024–   Real Unión 0(0)

Sergio Benito Crujera, nado en Madrid o 23 de marzo de 1999, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Real Unión, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas canteiras do Rayo Vallecano e do Real Madrid e debutou co Rayo Vallecano B na Terceira División durante a tempada 2017/18, nun partido ante o Trival Valderas.[1][2]

Para a tempada 2018/19 foi cedido ao Barakaldo da Segunda División B,[3] onde disputou 31 partidos, anotando 8 goles. Na seguinte campaña saíu cedido de novo, desta vez á Cultural Leonesa.[4] Coa Cultural disputou 27 partidos, anotando 7 goles, un deles o tanto da vitoria contra o Atlético de Madrid na Copa do Rei, que serviu para eliminar ao equipo de Simeone.[5] Disputou a promoción de ascenso a Segunda e acadou a final ante o Sabadell, onde errou o lanzamento decisivo na quenda de penaltis, que foi detido polo gardameta galego Ian Mackay.[6]

En outubro de 2020 asinou un contrato de tres anos co Real Valladolid, sendo destinado ao equipo filial de Segunda B.[7] O 15 de decembro de 2020 debutou co primeiro equipo nun partido da Copa do Rei e un mes despois disputou os seus primeiros minutos na Primeira División, substituíndo a Óscar Plano na segunda parte dun partido contra o Elche.[8] Na tempada 2021/22 xogou cedido no Badajoz da Primeira División RFEF.[9]

Tras pasar polo Córdoba, en xaneiro de 2023 marchou a Polonia, onde militou no Wisła Kraków, xunto aos tamén españois Ángel Rodado, Miki Villar, Tachi, David Juncà, Luis Fernández e Álex Mula.[10] Disputou 10 partidos de liga antes de rescindir o seu contrato o 15 de xuño. Dúas semanas despois asinou como novo xogador do Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.[11] No club madrileño disputou un total de 36 encontros, 27 deles como titular, e marcou 7 goles.

En xuño de 2024 fichou polo Real Unión, da mesma categoría.[12]

  1. "Conoce a… Mario Hernández y Sergio Benito" (en castelán). 20 de agosto de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  2. "Crónica: Trival Valderas 2-1 Rayo B" (en castelán). 27 de agosto de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  3. "El vallecano Sergio Benito se incorpora cedido al Barakaldo CF" (en castelán). 17 de agosto de 2018. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  4. Micó, Ana Beatriz (9 de agosto de 2019). "Sergio Benito se marcha cedido a la Cultural Leonesa". As (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  5. "El Atlético vuelve al pasado". Marca (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  6. "'SuperMackay' prolonga el sueño del Sabadell hacia Segunda". As (en castelán). 24 de xullo de 2020. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  7. "Sergio Benito potencia la delantera del Promesas" (en castelán). 5 de outubro de 2020. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  8. "Joaquín salva in extremis al Valladolid y oscurece la actuación de Josan". Marca (en castelán). 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  9. "Sergio Benito, al Badajoz" (en castelán). 25 de agosto de 2021. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  10. "En Cracovia, donde más españoles se ficha". As (en castelán). 7 de febreiro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  11. "Sergio Benito es el primer fichaje del Fuenla para la temporada 2023-2024" (en castelán). 28 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  12. "Sergio Benito llega al Real Unión" (en castelán). 4 de xullo de 2024. Consultado o 4 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]