Serbofobia
Serbofobia ou sentimento antiserbio son termos usados para describir un sentimento de hostilidade ou odio cara a Serbia ou aos serbios. O termo serbofobia usouse para describir unha "nova, moderna forma de racismo nazi" en contra dos serbios.[2]
Uso do termo na Historia
[editar | editar a fonte]O termo usouse en círculos literarios e culturais desde antes da primeira guerra mundial. Os escritores croatas Antun Gustav Matoš e Miroslav Krleža describiron algunhas figuras políticas e culturais como "serbófobas" (Krleža no cuarto volume de Charlas con Miroslav Krleža, 1985, editado por Enes Čengić), indicando que percibían un ánimo antiserbio no comportamento desas persoas. Miloš Acin-Kosta, no seu libro Draža Mihailović i Ravna Gora (Draža Mihailović e Ravna Gora), dedica unha sección á serbofobia durante a segunda guerra mundial.
Cadik Danon, o rabino en xefe de Iugoslavia, nunha carta aberta[3] ao Comité Xudeu Estadounidense en 1995, durante a Operación Forza Deliberada da OTAN durante a Guerra de Bosnia, escribiu sobre un ambiente de "... propaganda irrestrita antiserbia, que durou nesta guerra, seguindo o modelo nazi, pero con medios máis eficientes e dunha maneira máis custosa e sofisticada [...] Mesmo xudeus estadounidenses non foron capaces de soportar este veleno propagandístico, [...] eles, que non coñeceron a natureza nazi e racista do dogma serbofóbico. Non identificaban a serbofobia como unha irmá xemelga do antisemitismo...".
Formas de serbofobia
[editar | editar a fonte]De acordo con aqueles que usan o termo, a serbofobia pode ir desde o odio individualizado até a persecución institucionalizada.
- Un exemplo de serbofobia é o uso da canción Alle Serben müssen sterben ("Todos os serbios deben morrer"), que se fixo popular en Viena en 1914.
- O uso do termo vlach, de igual forma que o uso do termo chetnik, como designación despectiva para todo o conectado cos serbios (en lugar de designar só ao movemento paramilitar serbio) foi frecuente entre os croatas e os bosníacos durante as Guerras iugoslavas dos anos 1990 e seguiuno sendo despois destas guerras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Despois da ocupación de Albania por Serbia en 1913.
- ↑ ""Globalizing the holocaust", David MacDonald, University of Otago". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2022. Consultado o 26 de febreiro de 2012.
- ↑ C. Danon, et al.: Carta aberta solicitando axuda do Comité Xudeu Estadounidense. 1995.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fabrizio Símula: "Austria detiene al general bosnio que defendió Sarajevo durante el asedio" Diario El País (España), 4/3/2011. (en castelán) Consultada o 26/2/2012.
- "Nuevo artículo rezumando serbofobia en El Pais" Semanario Serbio, 3/3/2011. (en castelán) Consultada o 26/2/2012.
- José Comas: "Zanka y Mila, víctimas de Milosevic y de la OTAN" Diario El País (España), 6/8/2002. (en castelán) Consultada o 26/2/2012.
- Andrés Freire: "Retorno ás bombas humanitarias" Arquivado 13 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. IGADI, 03/09/2002. (en galego) Consultada o 26/2/2012.
- Blog de Elia The forbidden meat. "Ironías de la vida" e "Héroe hoy, criminal mañana (o viceversa)" (en castelán) Consultada o 26/2/2012.