[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sentenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lectura das sentenzas dos Xuízos de Núrenberg.

A sentenza é un acto xudicial por medio do cal o xuíz ou o tribunal resolve un xuízo, pronunciándose sobre as cuestións formuladas polos litigantes (demandante e demandado no caso dos preitos civís; denunciante/acusador e denunciado -querelante ou querelado- nos asuntos penais etc.).

A sentenza debe ser sempre motivada, é dicir, debe conter tanto o fundamentos de feito como os de dereito nos que se basea o xuíz ou tribunal para ditar a parte dispositiva

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Con independencia dos requirimentos que cada lexislación estatal estableza segundo cadansúa ordenación procesual, a sentenza adoita ter a seguinte estrutura:

  • Fundamentos de feito: que son os extremos e alegacións fácticas que os litigantes expoñen e o xuíz entende relevantes, por mor de telos en conta na resolución do asunto.
  • Fundamentos de Dereito: que é a parte da sentenza que contén, como o seu nome indica, o dereito aplicable, sexan leis, costumes, principios xerais do dereito, xurisprudencia ou doutrina xurídica e que teñan relevancia para resolver o asunto.
  • Parte dispositiva (ou decisión xudicial), que é a parte máis importante da resolución, na que o xulgador resolve as cuestións formuladas polo demandante e, no caso de que exista reconvención, polo demandado
Sentenzas do Tribunal Supremo da Arxentina (1986)

As sentenzas poden conter pronunciamento en materia de custas procesuais, que se impoñen na parte dispositiva da sentenza ao litigante vencido ou que, mesmo vencendo no litixio, tivese litigado con temeridade ou mala fe procesual, segundo o criterio do xulgador. Os pronunciamentos en materia de custas procesuais tamén poden ser obxecto de recurso.

  • Pola súa recorribilidade:

As sentenzas poden ser recorribles ou non recorribles, segundo caiba cntra elas unha revisión por parte do Triunal xerarquicamente superior.

  • Polo órgano que as dita:

As sentenzas poden ditarse en primeira instancia ou en segunda instancia. No primeiro caso, é ditada normalmente polo xuíz resolvendo o preito, e no segundo é normalmente un tribunal quen a dita, resolvendo o recurso formulado contra a sentenza do xuíz inferior. Porén, non todas as sentenzas son recorribles, como vai dito.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]