Scott Hamilton
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1958 (66 anos) Bowling Green, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | Toledo |
Educación | Universidade de Bowling Green State (pt) Bowling Green High School (en) Hononegah Community High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | patinador artístico sobre xeo |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | patinaxe artística sobre xeo |
Disciplina deportiva | men's singles (en) |
Adestrado por | Don Laws |
Participou en | |
febreiro de 1984 | patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1984 - Individual masculino (pt) (1º) |
febreiro de 1980 | patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1980 - Individual masculino (pt) (5º) |
Páxina web | scotthamilton.com |
Scott Scovell Hamilton, nado en Bowling Green (preto de Toledo, Ohio) o 28 de agosto de 1958 é un patinador artístico retirado estadounidense. Gañou catro campionatos estadounidenses consecutivos (1981–84), catro campionatos do mundo consecutivos (1981–84) e unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1984. O seu movemento estrela é un backflip, figura que poucos outros patinadores puideron realizar, xa que está contra as regras de competición olímpicas e dos Estados Unidos, mais que incluíu nas súas rutinas de exhibición como afeccionado para agradar o público e nas súas rutinas de competición profesional.[1][2] Tamén é recoñecido polas súas innovadoras secuencias de xogo de pés.[3] Trala súa retirada, involucrouse en obras de caridade e escribiu tres libros.
Resultados
[editar | editar a fonte]Internacionais | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Competición | 76–77 | 77–78 | 78–79 | 79–80 | 80–81 | 81–82 | 82–83 | 83–84 |
Xogos Olímpicos de Inverno | 5.º | 1.º | ||||||
Campionatos do Mundo | 11.º | 5.º | 1.º | 1.º | 1.º | 1.º | ||
Skate America | 1.º | 1.º | 1.º | |||||
Skate Canada | 1.º | |||||||
NHK Trophy | 4.º | 1.º | ||||||
Nebelhorn Trophy | 2.º | |||||||
Nacionais | ||||||||
U.S. Champ. | 3.º | 4.º | 3.º | 1.º | 1.º | 1.º | 1.º |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]O 14 de novembro de 2002, casou coa nutricionista Tracie Robinson. A parella ten tres fillos, Aidan McIntosh Hamilton (nado o 13 de setembro de 2003), Maxx Thomas Hamilton (nado o 21 de xaneiro de 2008),[4] e Jean Paul, e unha filla, Evelyne.[5] A familia reside en Franklin, Tennessee.[6]
Enfermidades
[editar | editar a fonte]En 1997, Hamilton tivo unha batalla moi publicitada contra o cancro testicular.[7] Volveu á patinaxe tralo seu tratamento e a súa historia apareceu en revistas e na televisión.[8][9] O 12 de novembro de 2004 anunciouse que Hamilton tiña un tumor cerebral benigno, que foi tratado na Cleveland Clinic.[10]
O 23 de xuño de 2010, Hamilton foi sometido a unha cirurxía cerebral para evitar a reaparición do tumor descuberto en 2004. A cirurxía foi un éxito.[11] En 2016 anunciou que recibira o seu terceiro diagnóstico por un tumor cerebral,[12] mais a finais de marzo de 2017, afirmou que o tumor se reducira sen quimioterapia.[13]
Política
[editar | editar a fonte]En 2012, Hamilton fixo aparicións públicas apoiando a campaña presidencial do republicano Mitt Romney.[14] Tamén falou en apoio de Donald Trump e apareceu nun capítulo de Celebrity Apprentice.[15][16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Farris, Jo Ann Schneider (23 de novembro de 2007). "Figure Skating 101: All about back flips on ice skates". icenetwork.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2018. Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ Meyers, Dvora (12 de febreiro de 2018). "No, The Backflip Was Not Banned In Figure Skating Because Of Surya Bonaly". Deadspin. Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ Shulman, Carole (2002). "Master the Move: Scott Hamilton's Footwork". The Complete Book of Figure Skating. Human Kinetics. p. 93.
His footwork is legendary. His combination of turns and freestyle moves are original and, oftentimes, humorous.
- ↑ Benet, Lorenzo (21 de xaneiro de 2008). "Ice Skater Scott Hamilton & His Wife Have a Boy". People. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 04 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Scott Hamilton on adoption: 'We're blessed'". today.com. 21 de novembro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2016.
- ↑ Lind, J.R. (17 de marzo de 2016). "Scott Hamilton: The Gold Medalist". Nashville Scene. Consultado o 21 de febreiro de 2018.
- ↑ "Scott Hamilton". WebMD Biography. WebMD. 2012. Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ Longman, Jere (16 de setembro de 1997). "Figure Skating; His Cancer in Remission, Hamilton Is Back on Ice". New York Times. Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ Slat, Libby (15 de xaneiro de 1998). "Scott Hamilton Leads With His Heart: The Skater and His 'Stars on Ice' Get a Feeling for Expressing Emotions". Los Angeles Times. Consultado o 18 de febreiro de 2018.
- ↑ "How To Skate on Thin Ice". Ability Magazine. 2008. Consultado o 3 de abril de 2012.
- ↑ Oh, Eunice (24 de xuño de 2010). "Scott Hamilton Resting Comfortably after Brain Surgery". People. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2016. Consultado o 04 de xaneiro de 2020.
- ↑ Nelson, Jeff. "Olympic Skater Scott Hamilton Facing Third Brain Tumor Diagnosis: 'I Choose to Celebrate Life'". PEOPLE. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ "After Months Of Rumors, Olympian Skater Scott Hamilton Finally Breaks His Silence". Qpolitical. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2018. Consultado o 04 de xaneiro de 2020.
- ↑ AP (16 de outubro de 2012). "Olympic figure skater campaigns for Romney in NH". Boston.com.
- ↑ People Staff (14 de novembro de 2015). "Olympic Gold Medalist Scott Hamilton Talks About Life and Lessons – Beating Cancer, Adopting Kids from Haiti and Applauding Donald Trump". People.
- ↑ Bensinger, Graham (11 de xaneiro de 2017). "Scott Hamilton: I bonded with Trump over hair loss". YouTube.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Scott Hamilton |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hamilton, Scott; Baker, Ken (2008). The Great Eight: How to Be Happy (Even When You Have Every Reason to Be Miserable). Thomas Nelson. ISBN 978-0-7852-2894-3.
- Hamilton, Scott; Benet, Lorenzo (1999). Landing It: My Life On and Off the Ice. Kensington Books. ISBN 1-57566-466-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Ohio
- Nados en 1958
- Patinadores artísticos olímpicos dos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos en patinaxe artística
- Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980
- Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América