Salomon Smolianov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1897 Kremenchuk, Ucraína (pt) |
Morte | 14 de novembro de 1976 (79 anos) Porto Alegre, Brasil |
Lugar de sepultura | Porto Alegre |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Salomon Smolianov (en ucraíno: Саломон Смолянов), nado en Kremenchuk en marzo de 1899 e finado en Porto Alegre en 1976, foi un falsificador xudeu e sobrevivente do Holocausto, implicado na Operación Bernhard. A súa vida foi levada ao cine no filme Die Fälscher, baseado nas memorias de Adolf Burger e gañador do Óscar ó mellor filme internacional de 2008, sendo a súa personaxe interpretada por Karl Markovics.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Salomon Smolianov naceu nunha familia xudía en Kremenchuk, Ucraína.[1] Estudou pintura no Imperio Ruso, pero tivo que abandonar o país en 1922 porque os seus pais estaban no lado equivocado da Revolución de Outubro. Cruzou Europa, casou en Italia,[1] e finalmente tentou comezar unha nova vida en Alemaña, onde coñeceu a un falsificador e decidiu converterse tamén el nun.[2] Foi buscado por varias forzas policiais europeas antes do estalido da segunda guerra mundial,[3] e en 1939, Bernhard Krüger, futuro sturmbannführer das SS na Operación Bernhard conseguiu encarceralo. Foi enviado ao campo de concentración de Mauthausen, onde traballou para os gardas das SS como retratista e artista e foi seleccionado para a Operación Bernhard, sendo trasladado ao campo de concentración de Sachsenhausen en 1944, e finalmente ao subcampo de Ebensee, na rede de campos de Mauthausen.[4] Alí foi liberado polo exército dos Estados Unidos o 6 de maio de 1945.[5] Non se coñecen moitos detalles da vida do mestre falsificador Smolianoff despois da súa liberación, pero crese que falsificou papeis de emigración para xudeus que intentaban viaxar a Palestina.
Despois emigrou a Uruguai, onde falsificou iconas rusas, e tras ser aparentemente descuberto pola policía uruguaia, mudouse ao Brasil na década de 1950, onde se cre que se dedicou ao negocio dos xoguetes, falecendo en Porto Alegre en 1976.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Malkin, Lawrence. "Lawrence Malkin - Krueger's Men - The Secret Documents". lawrencemalkin.com (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2021.
- ↑ "Karl Markovics". The Sydney Morning Herald (en inglés). 9 de maio de 2008.
- ↑ Yaron, Svaroy; Malkin, Lawrence (2006). Hitler's Jewish Forgers (en inglés). Orion Publishing Group. ISBN 0-304-36457-6.
- ↑ Burger, Adolf (1989). Akcia Bernhard: Obchod s miliónmi.
- ↑ Garcia, Max (1998). Befreiung des KZ-Nebenlagers Ebensee: Neue historische Details (en alemán). Zeitschrift des Zeitgeschichtemuseums Ebensee.