[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Píntega común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Salamandra salamandra»)
Píntega común
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Caudata
Familia: Salamandridae
Xénero: Salamandra
Especie: S. salamandra
Nome binomial
Salamandra salamandra
(Linnaeus, 1758)
Distribución en Europa
Distribución en Europa

Distribución en Europa
Sinonimia
  • Lacerta salamandra Linnaeus, 1758

A píntega común[1] ou salamántiga[2] (Salamandra salamandra) é un anfibio urodelo común en Europa con preferencia por hábitats acuáticos de media e alta montaña, ecoloxicamente pouco alterados.

Ao longo do territorio galego recibe tamén os nomes vulgares de salamanca[3], pinchorra[4], sacabeira[5], sapagueira[6], sacarrancha[7] ou saramaganta[8].

Localización e características

[editar | editar a fonte]

Normalmente sae do seu acocho cando o tempo é frío e húmido. Adoita ser vista nos camiños, ás veces agóchase baixo as pedras. A súa lonxitude é de 20 cm como máximo.

É doado recoñecelas pola cor da pel, negra con pintas amarelas. Para evitar seren atacadas por outros animais, a súa pel contén pequenas cantidades de substancias tóxicas (pezoña).

A píntega ou salamántiga común ten unha subespecie de seu en Galicia, a Salamandra salamandra gallaica.

[editar | editar a fonte]

O imaxinario tradicional esaxera o carácter pezoñento da píntega, pero non só en Galicia. Xa na Idade Media, Hugo de San Víctor escribe -supostamente- o texto De bestiis et aliis rebus [9]. Neste tratado asegúrase que o veleno da píntega era o máis forte de tódolos animais pezoñosos: mentres que estes poden ferir máis ou menos á xente, unha píntega pode matar a varios homes.

Se te morde a salamántiga, que che fagan logo a cama
Unha píntega nin graffiti de Pontevedra

Crese que a píntega pode transmitir un aire particular, tanto por contacto como polo seu bafo. Incluso abonda con miralo, e só con iso xa pode provocar dores de cabeza e vertixes. Algúns din que o brazo ou perna que chegue a tocar a píntega pode terminar apodrecendo.

Provoca un proído intenso, contra o que se poden aplicar numerosos remedios tradicionais. Algún destes inclúen utilizar o propio animal, e así, en Ponte Caldelas, por exemplo, hai que coller unha píntega, queimala e aplicar a cinsa na zona infectada. En Oímbra hai que cravar o animal nun pau e este nunha árbore: segundo morre a píntega, vai desaparecendo a pezoña. Outro remedio consiste en matar unha, enterrala en area grosa e colocar tres pedras sobre o corpo; á vez que se fai isto, cóbrese a lesión cunha camisa e rézanse algunhas oracións, e ó quitar a camisa estará curada.

No Irixo enchen unha cunca de barro con aceite de oliva e meten dentro unha corda de esparto. Cando esta está ben embebida de aceite, rodéase con ela a lesión e rézase un ensalmo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píntega.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salamántiga.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salamanca.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pinchorra.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sacabeira.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sapagueira.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sacarrancha.
  8. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
  9. Que desenvolve o significado simbólico atribuido a certos animais, que representaban vicios ou virtudes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, 422-423.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]