Saint-Pierre
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Colectividade | Saint Pierre et Miquelon | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.282 (2021) (211,28 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 25 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 97500 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | mairie-stpierre.fr | ||||
Saint-Pierre é a capital da colectividade de ultramar francesa de Saint-Pierre-et-Miquelon, fronte á costa de Terra Nova no Canadá. Saint-Pierre é a máis poboada das dúas comunas (municipios) que compoñen Saint-Pierre-et-Miquelon.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A comuna de Saint-Pierre componse da propia illa de Saint-Pierre e varias illas próximas máis pequenas, como L'Île-aux-Marins. Aínda que contén cerca do 90% dos habitantes de Saint-Pierre-et-Miquelon, a comuna de Saint-Pierre é considerablemente menor que a comuna de Miquelon-Langlade, que se atopa ao noroeste.
O asentamento principal e sede comunal atópase no lado norte do porto chamado Barachois, que se enfronta ao océano Atlántico, na costa leste da illa de Saint-Pierre. A boca do porto está custodiada por unha pequena cadea de illas.
Historia
[editar | editar a fonte]A comuna de Saint-Pierre créase, coa de Miquelon (hoxe Miquelon-Langlade), polo decreto do 13 de maio de 1872. En 1892, Île-aux-Chiens, hoxe Île-aux-Marins, sepárase e convértese en comuna. O decreto-lei do 3 de xaneiro de 1936 elimina as tres comunas.
A comuna de Saint-Pierre é restaurada, como Miquelon-Langlade, polo decreto nº 45-2811 do 13 de novembro de 1945. A comuna de l'Île-aux-Marins non se restablece, xa que é absorvida pola de Saint-Pierre.
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación de Saint-Pierre no censo local de 2016 era de 5.8417 habitantes, moitos dos cales son descendentes de vascos, bretóns, normandos ou acadios. Todos os habitantes da comuna (municipio) viven na propia illa de Saint-Pierre.
Goberno
[editar | editar a fonte]A comuna está dirixida por un alcalde e un consello.
Monumentos históricos
[editar | editar a fonte]Preto do centro á beira do porto atópase a oficina de correos e aduanas, detrás da cal está a praza do xeneral Charles de Gaulle, no centro da cidade.
Outros fitos destacados en Saint-Pierre inclúen a catedral, ao norte da praza, reconstruída no século XX logo dun grande incendio, e o Faro Pointe aux Cánones, na boca do porto. Máis ao norte, preto de antigo hospital da cidade, está o Frontón Zazpiak Bat, un espazo para o deporte tradicional vasco da pelota.
-
Praza xeneral Charles de Gaulle
-
Faro Pointe aux Canons en Saint Pierre
-
Frontón Zazpiak Bat arena en Saint-Pierre
Transporte
[editar | editar a fonte]Saint-Pierre Aeroport, o aeroporto internacional de Saint-Pierre-et-Miquelon, atópase ao sur do asentamento de San Pedro e sérvese por Air Saint-Pierre con voos tanto ao aeroporto de Miquelon Aeroport e cinco aeroportos canadenses.
Radio e televisión
[editar | editar a fonte]Cidades irmás
[editar | editar a fonte]- Port-en-Bessin-Huppain, (Francia), desde 1976.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jumelages". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2019. Consultado o 02 de setembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saint-Pierre |