[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sabin Merino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSabin Merino

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Sabin Merino Zuloaga Editar o valor en Wikidata
4 de xaneiro de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Urduliz, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,87 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro centro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo9 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2002 Danok Bat CF
2002–2005 Athletic Club
2005–2008 Danok Bat CF
2009–2011 Danok Bat CF
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2013 CD Basconia 70(27)
2012–2015   Bilbao Athletic 81(21)
2015–2018   Athletic Club 75(8)
2018–2021   Club Deportivo Leganés 72(11)
2019–2020 cesión   Deportivo da Coruña 18(5)
2022–   Real Zaragoza 16(0)
2022–2023 cesión Club Atlético de San Luis 23(2)
2023–2024 cesión   Racing de Ferrol 39(6)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–   País Vasco 2(0)

UEFA: 250085363 Editar o valor en Wikidata

Sabin Merino Zuloaga, nado en Urduliz (Biscaia) o 4 de xaneiro de 1992, é un futbolista español, que xoga de extremo no Racing de Ferrol, da Segunda División, cedido polo Zaragoza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chegou á canteira do Athletic Club con só 10 anos, procedente do Danok Bat bilbaíno. Entrou no "Alevín B" e posteriormente ascendeu ao "Alevín A" e ao "Infantil B". Despois de tres tempadas, abandonou o Athletic e regresou ao Danok Bat, club co que xogou ata xuvenís.[1] Entre medias pasou un ano nos Estados Unidos cursando bacharelato na cidade máis poboada de Kentucky, Louisville, e xogando no Javanon Soccer. Con 19 anos, o Athletic volveuse fixar nel e recrutouno para o CD Basconia, co que xogou as tempadas 2011/12 e 2012/13 en Terceira División. Na campaña 2013/14 subiu ao Bilbao Athletic, co que xogou todos os partidos da tempada. Ao ano seguinte acadou o ascenso á Segunda División de España, sendo un dos piares principais do equipo, ao xogar 42 partidos e marcar 18 goles, sendo o máximo goleador do equipo xunto a Gorka Santamaría.[2]

Athletic Club

[editar | editar a fonte]

Como premio, Ernesto Valverde chamouno para facer a pretempada co primeiro equipo. Este convenceu a Valverde e pasou a formar parte do primeiro equipo, onde levou o número 25 na competición nacional e o 27 na UEFA Europa League. O 6 de agosto de 2015 debutou co Athletic Club, en Bakú, no partido de volta da terceira rolda previa da Europa League. O 14 de agosto foi titular na ida da Supercopa de España en San Mamés, contra o FC Barcelona (4-0). Xogou de extremo esquerdo e foi un martirio para Dani Alves, ao que desbordou para axudar a Aduriz no segundo gol do encontro.[3] No partido de volta no Camp Nou quedou no banco, proclamándose campión da Supercopa de España once días despois do seu debut.[4]

O 20 de agosto, no seu terceiro partido, marcou o seu primeiro gol, no partido de ida da última rolda previa da UEFA, xogado en Žilina, que rematou cunha derrota por 3-2.[5] O 23 de setembro logrou anotar o seu primeiro gol na Primeira División, contra o Real Madrid (1-2) na quinta xornada, que rematou coa xeira de 427 minutos sen encaixar un gol de Keylor Navas.[6] O 25 de febreiro marcou o gol que daba a clasificación ao Athletic para os oitavos de final da Europa League, fronte ao Olympique de Marseille, no minuto 80, cun remate de cabeza en prancha.[7] O 13 de marzo, nunha das poucas ocasións que puido xogar como dianteiro centro debido á transcendencia de Aduriz, marcou dous goles contra o Real Betis.[8] Debido a unha lesión muscular a principios de abril non puido participar no tramo decisivo da tempada.[9]

O 23 de outubro de 2016 marcou un novo gol ante o Real Madrid, neste caso, no Santiago Bernabéu (2-1).[10] Foi operado da pube a finais de xaneiro, pero o 26 de febreiro, no seu segundo partido despois do seu regreso, sufriu unha lesión na tibia da perna dereita que o tivo case dous meses de baixa.[11] A súa terceira tempada no club, xa con Ziganda como adestrador, estivo marcada pola súa pouca contribución ao equipo.[12]

Cesión ao Leganés

[editar | editar a fonte]

O 31 de agosto de 2018 foi cedido ao Club Deportivo Leganés durante unha tempada.[13] Finalmente, tras unha cesión pouco produtiva, con só dúas titularidades en liga, o Athletic Club anunciou que non renovaría o seu contrato. Esta decisión estendeu automaticamente a súa relación co club madrileño unha campaña máis.[14]

Continuou con poucas oportunidades no equipo de Pellegrino durante o inicio da tempada 2019/20, polo que no mercado invernal o club buscoulle unha cesión.[15]

Cesión ao Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

O 14 de xaneiro de 2020 anunciouse a súa cesión ao Deportivo da Coruña, cunha cláusula de compra obrigatoria sempre que o equipo non descendese.[15] Conseguiu anotar gol en cada un dos seus catro primeiros partidos no Deportivo, converténdose no primeiro xogador do club en logralo,[16] ata que unha lesión cortou a súa xeira.[17] O club galego completou unha nefasta tempada, que culminou co descenso á Segunda División B por segunda vez na súa historia. O balance final de Sabin Merino foi de 18 partidos e 5 goles, o último deles logrado de chilena fronte ao Oviedo no Carlos Tartiere.[18] Co descenso do Deportivo, a compra non se fixo efectiva e o futbolista volveu a Leganés.[19]

Regreso ao Leganés

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2020/21 foi o máximo goleador do Leganés, con 9 goles en 40 partidos, os mellores números da súa carreira na categoría de prata. Na seguinte campaña marcou dous tantos en 17 partidos durante a primeira metade da competición, ata que se desvencellou do club en xaneiro de 2022, fichando polo Zaragoza.[20]

Titular dende a súa chegada ao equipo de Juan Ignacio, disputou un total de 16 partidos ata o final da tempada, sen conseguir ningún gol.[21] A súa falta de goles e o seu alto salario fixeron que no verán de 2022 o club buscase unha saída para o xogador, que contaba aínda con tres anos máis de contrato.[22]

Cesión ao Atlético de San Luis

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2022 anunciouse a súa cesión ao Atlético de San Luis da Primeira División de México.​ Alí disputou 23 partidos, repartidos entre os torneos Apertura e Clausura, case todos saíndo dende o banco de suplentes, e marcou 2 goles. En maio de 2023, regresou ao Zaragoza​.[23]

Cesión ao Racing de Ferrol

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2023/24 volveu saír cedido, desta vez ao Racing de Ferrol, que viña de ascender á Segunda División.[24] Non conseguiu marcar ningún gol nos seus primeiros 16 partidos de liga coa camiseta do Racing, ata que na 17ª xornada realizou un dos mellores encontros da súa carreira, saíndo dende o banco na segunda metade e anotando un triplete na vitoria do seu equipo por 5-4 ante o Albacete.[25]

  1. "Sabin Merino Zuloaga". www.danokbat.eus (en éuscaro). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  2. "El Bilbao Athletic, una orquesta variopinta de aprendices". El País (en castelán). 28 de xuño de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  3. "Sabin Merino, la estrella inesperada". Marca (en castelán). 14 de agosto de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  4. "Sabin Merino y Lekue, de ascender a la Liga Adelante a ganar la Supercopa de España" (en castelán). 18 de agosto de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  5. "Sabin Merino: "Siempre se recuerda ese primer gol"" (en castelán). 21 de agosto de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  6. "La racha de imbatibilidad de Keylor duró 427 minutos". Marca (en castelán). 24 de setembro de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  7. "1-1. Un bonito gol de Sabin Merino doblega a un gran Marsella" (en castelán). 25 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  8. "Este nueve dice la verdad" (en castelán). 14 de marzo de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  9. "Alerta roja por lesiones" (en castelán). 16 de abril de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  10. "Sabin Merino, el especialista en marcar goles al Real Madrid" (en castelán). 25 de outubro de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  11. "La mala suerte se ceba con Sabin Merino" (en castelán). 27 de febreiro de 2017. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  12. "Sabin Merino rechaza ofertas para ir cedido" (en castelán). 7 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  13. "El extremo Sabin Merino, cedido al C.D. Leganés para la presente temporada" (en castelán). 31 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  14. "El Athletic libera a Merino, que seguirá en el Leganés hasta 2020" (en castelán). 8 de maio de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  15. 15,0 15,1 "Sabin Merino, novo xogador do Deportivo 2019-2020". Deportivo da Coruña. 14 de xaneiro de 2020. 
  16. "Sabin Merino bate un récord en la historia del Dépor" (en castelán). 2 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  17. "La racha de Sabin Merino se corta en Alcorcón". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  18. "La brutal chilena de Sabin Merino al Oviedo" (en castelán). 18 de xuño de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  19. "El Leganés confirma el regreso de Sabin Merino" (en castelán). 17 de agosto de 2020. Consultado o 28 agosto de 2020. 
  20. Ferrer, Pedro Luis (31 de xaneiro de 2022). "Oficial: Sabin Merino ficha por el Real Zaragoza". As (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  21. "Sabin Merino pone rumbo al Atlético de San Luis" (en castelán). 3 de xullo de 2022. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  22. Ferrer, Pedro Luis (4 de xuño de 2022). "La salida de Sabin Merino, el mayor desafío de Sanllehí". As (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  23. "El Atlético San Luis anuncia la salida de Sabin Merino, que regresa al Real Zaragoza" (en castelán). 17 de maio de 2023. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  24. "O Rácing de Ferrol fecha as fichaxes de Sabin Merino e Álvaro Giménez". Nós Diario. 25 de xullo de 2023. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  25. Codesido, Juanma (4 de decembro de 2023). "Sabin y su hat-trick: "Momentos como este es por los que juegas al fútbol"". As (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]