[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

STS-135

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-135
Lanzamento da misión STS-135
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de xullo de 2011, 15:29 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión12,77 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso20 de xullo de 2011[6]
Sitio de regresoCabo Cañaveral
NSSDC ID2011-031A

STS-135 foi a última misión do transbordador espacial Atlantis e ó mesmo tempo a última misión de tódolos transbordadores. Foi lanzada o 8 de xullo de 2011 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-135, con catro astronautas a bordo, foi a última misión do programa STS. Foi enviada á Estación Espacial Internacional co fin de reaprovisionala. A tripulación estaba formada polo comandante Chris Ferguson, o piloto Doug Hurley e os especialistas de misión Sandra Magnus e Rex Walheim.[3][5][6][7]

O Atlantis, no seu voo final, acoplouse o 10 de xullo de 2011 ás 15:07 UTC ao módulo Harmony levando o módulo loxístico multipropósito (MPLM) Raffaello cargado con case 4 toneladas de subministracións e equipamento, e o contedor lixeiro multipropósito (Lightweight Multi-Purpose Carrier, LMC).[3][5][6][7]

O Atlantis volveu por última vez a terra en Cabo Cañaveral o 21 de xullo de 2011 ás 9:55 UTC.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 135" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 14 November 2011 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (11-87980(E)). 12 de decembro de 2011: 2. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 135" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-135 / ULF-7" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-135" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (22 de xullo de 2011). "STS-135" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2021. Consultado o 6 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]