STS-108
STS-108 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-108 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 5 de decembro de 2001, 22:19 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 11,82 días[6] |
Obxectivo da misión | Montaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 17 de decembro de 2001[6] |
NSSDC ID | 2001-054A |
STS-108 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 5 de decembro de 2001 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-108, con oito astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. Levou cara a estación á Expedición 4, formada por Iuri Onufriienko, Daniel W. Bursch e Carl E. Walz, e trouxo de volta á Expedición 3 (Frank Culbertson, Vladimir Dezhurov e Mikhail Tiurin). O comandante da misión era Dominic L. Gorie, con Mark E. Kelly como piloto e Linda M. Godwin e Daniel M. Tani como especialistas de misión. Levou subministracións a bordo do módulo Raffaello e durante a misión Godwin e Tani levaron a cabo un paseo espacial para engadar proteccións térmicas ás bases dos paneis solares da estación. O transbordador tamén levaba na súa bodega de carga varios experimentos.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 17 de decembro de 2001.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 108" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 31 May 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-56238(E)). 1 de xullo de 2002: 3. Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 108" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-108 / ISS UF-1" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-108" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
- ↑ NASA (6 de outubro de 2020). "STS-108" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 28 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-108 |