[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

STS-100

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-100
Lanzamento da misión STS-100
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento19 de abril de 2001, 18:40 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,9 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso1 de maio de 2001[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea, California[6]
NSSDC ID2001-016A

STS-100 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 19 de abril de 2001 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-100, cos astronautas Kent Rominger (comandante), Jeffrey Ashby (piloto), Chris Hadfield (especialista de misión), Scott E. Parazynski (especialista de misión), John L. Phillips (especialista de misión), Umberto Guidoni (especialista de misión) e Iuri Lonchakov (especialista de misión) a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. Instalou o brazo robótico Canadarm 2, de 18 metros de longo e 1700 kg de peso e levou a bordo da estación 4500 kg de subministracións no contedor italiano Raffaello, tres traxes espaciais para actividades extravehiculares e unha antena UHF, entre outras cousas.[3][5][6][7]

O Endeavour acoplouse á estación ás 13:49 GMT do 21 de abril no porto PMA-2. Ás 16:00 o módulo Raffaello foi acoplado ao módulo Unity para a súa descarga. O módulo foi devolto ao transbordador o 27 e abril. Durante a súa misión tiveron lugar dúas actividades extravehiculares: na primeira, Parazynski e Hadfield instalaron a antena de UHF no módulo Destiny e despregaron e conecataron o brazo robótico canadense; na segunda, Hadfield e Parazynski fixeron conexións adicionais co brazo robótico, recolleron unha antena en desuso e deixaron nun almacenamento externo un conmutador eléctrico de reposto.[3][5][6][7]

O Endeavour desacoplouse o día 29, tras un atraso por problemas coas computadoras da estación. A nave aterrou na Base Edwards da Forza Aérea, California, o 1 de maio, ao non poder aterrar en Florida debido ao mal tempo.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 100" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 23 October 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-88239(E)). 31 de outubro de 2001: 2. Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 100" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-100 / ISS-6A" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Mark Wade (2011). "STS-100" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (15 de febreiro de 2010). "STS-100" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]