Rukwangali
Rukwangali RuKwangali, SiKwangali | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Kwangali | |
Falado en: | Namibia Angola | |
Rexións: | Río Okavango | |
Total de falantes: | 200 000 (aproximadamente) | |
Posición: | Linguas bantús | |
Familia: | Atlántico-congo Benue–congo Bantoide meridional Bantú Kavango – bantú suroccidental Rukwangali | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Namibia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | kwn
| |
Mapa | ||
Status | ||
O RuKwangali (que significa "lingua dos kwangali"), ou Kwangali, é un idioma do subgrupo bantú das linguas níxer-congo, falado como lingua tradiconal polos ponos a ambos os lados das beiras do río Okavango, en Namibia e Angola.
Historia
[editar | editar a fonte]É a lingua máis falada pola etnia kavango, e un dos idiomas oficiais de Namibia, que se usa regularmente nas transmisións da Compañía Nacional de Radio (Namibian Broadcasting Corporation).
De todas as linguas usadas polos kavango, esta é a única que ten escritura (en caracteres latinos), o que permitiu a tradución de diversos libros a este idioma, proxectos que son principalmente financiados por algunhas das embaixadas na capital, Windhoek.
Aínda que se estima que máis de 200 000 persoas o falan con fluidez, en 2018 uns 152 000 o tiñan como a súa lingua materna.[1]
Desde que os kavango foron evanxelizados, tardiamente, as primeiras partes dunha tradución bíblica en RuKwangali apareceron só en 1960, por sacerdotes da Igrexa Católica Romana en Namibia, en 1974, todo o Novo Testamento en 1987, e a Biblia enteira (incluído o Antigo Testamento).
O RuKwangali foi a lingua oficial en Kavangolandia desde 1973 até 1989, e desde a independencia de Namibia en 1990, foi unha lingua nacional con traducións oficiais de importantes textos legais estatais. Tamén é a lingua cultural dos reis de Kavango.
Segundo as directrices para a educación en Namibia, danse leccións de RuKwangali até o 3º curso a todos os estudantes na súa lingua nativa, con libros de texto axeitados (prosa, obras dramáticas e poesía),[2] como lingua escrita. (En termos modernos, as palabras son importadas a miúdo de idiomas europeos).
Nas clases de ensino superior ofrécese RuKwangali, inglés e afrikaans como linguas de instrución,[3] e no Departamento de Idiomas Africanos da Universidade de Namibia pódese escoller a lingua e literatura RuKwangali como materia de estudo.[4]
Características
[editar | editar a fonte]É unha das varias linguas bantús da rexión do río Okavango que teñen consoantes de "chasquido de lingua"; trátase das dentais c e gc, xunto con prenasalización e aspiración.
Maho (2009) inclúe o mbundza como dialecto, pero exclúe o sambyu, que inclúe en manyo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kwangali". Ethnologue. 2018. Consultado o 4 de setembro de 2019.
- ↑ NIED Circular 2/2005: Prescribed Texts 2007 – 2009. Goberno de Namibia. Consultado o 4 de setembro de 2019.
- ↑ Overview Services & Infrastructure Education Arquivado 22 de xullo de 2011 en Wayback Machine..
- ↑ Universidade de Namibia Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Jouni Filip Maho (2009): New Updated Guthrie List Online.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dammann, Ernst (1957): Studien zum Kwangali: Grammatik, Texte, Glossar. Hamburg: Cram, de Gruyter & Co.
- Kloppers, J. K. (2004): Rukwangali-English/English-Rukwangali Dictionary. Windhoek: Gamsberg Macmillan-Verlag. ISBN 0-86848-878-X.
- Möhlig, Wilhelm J. G. & Karl Peter Shiyaka-Mberema (2005): Dictionary of the Rumanyo language: Rumanyo-English/English-Rumanyo. Köln: Rüdiger Köppe Verlag. ISBN 978-3-8964-5601-4.
- Nurse, Derek & Gérard Philippson (2003): The Bantu languages. Londres:Routledge. ISBN 978-0-4154-1265-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- VV.AA. (2013): Rukwangali/English for Children. París: Éditions du Cygne. ISBN 978-2-8492-4310-7.
- Citas bíblicas en Kwangali.