Rotterdam Ahoy
Rotterdam Ahoy | |
---|---|
Róterdam Ahoy en 2016 | |
Coordenadas | 51°52′58″N 4°29′17″L / 51.882778, 4.488056 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Rotterdam Ahoy é un estadio cuberto situado en Rotterdam, Países Baixos. Ten unha capacidade para máis de 40 000 persoas.
O Ahoy foi utilizado principalmente para concertos, entre as bandas que se presentaron no recinto atópanse: Armin van Buuren, U2, Gloria Estefan, Mariah Carey, Lady Gaga, Green Day, Queen, Shakira, Britney Spears, Golden Earring, Roger Waters, Rush, Tina Turner, Janet Jackson, Shania Twain, Simple Minds, Destiny's Child, Bruce Springsteen, Kylie Minogue, Christina Aguilera , My Chemical Romance e Within Temptation. Ademais realizáronse alí os MTV Europe Music Awards de 1997 e 2016, e o Festival da Canción de Eurovisión Júnior de 2007. En 2020, iá albergar o Festival da Canción de Eurovisión no mes de maio. Tras a cancelación da edición de 2020 pola pandemia de COVID-19, o estadio confirmouse como sede do LXV Festival de Eurovisión en 2021.
Por outra banda, acolleu competicións deportivas como o Torneo de Rotterdam de tenis, o Campionato de Europa de Atletismo Cuberto de 1973, o Campionato Mundial de Ximnasia Artística de 2010, o Campionato do Mundo de tenis de mesa de 2011, o Campionato do Mundo de ciclismo BMX de 2014 e mais o Campionato de Europa de voleibol feminino de 2015. En 2013 organizou un programa de loita libre da WWE durante o Raw Wrestlemania Revenge Tour. En 2016 acolleu o partido mixto de artes marciais UFC Fight Night: Overeem vs. Arlovski.
En canto a e-sports, en abril de 2016 albergou as finais do split de primavera da LCS, a maior liga de League of Legends a nivel europeo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "League of Legends European Championship - Spring Finals - 13 & 14 april 2019 - Rotterdam Ahoy". www.ahoy.nl (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Expo Tel Aviv Tel Aviv 2019 |
Sede do Festival de Eurovisión Róterdam 2021 |
Sucesor: Por determinar 2022 |