[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rolls-Royce Avon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rolls-Royce Avon
Tipoturborreactor
FabricanteRolls-Royce Limited
Primeiro encendidoprimavera de 1947
Principais aplicaciósCAC Sabre
de Havilland Comet
de Havilland Sea Vixen
English Electric Canberra
English Electric Lightning
Hawker Hunter
Saab 32 Lansen
Saab 35 Draken
Sud Aviation Caravelle
Vickers Valiant
N.º construídosmáis de 11 000

O Rolls-Royce Avon foi o primeiro motor a reacción con fluxo axial deseñado e fabricado por Rolls-Royce. Introducido en 1950, o motor converteuse nun dos deseños máis exitosos de despois da segunda guerra mundial. Usouse nunha gran variedade de avións, tanto militares como civís, así como versións para potencia estacionaria e marítima.

Un English Electric Canberra impulsado por dous Avon realizou o primeiro voo transatlántico sen escalas dun avión a reacción, e un de Havilland Comet 4 de BOAC con catro Avon fixo o primeiro voo regular transtlántico cun reactor.

A produción da versión para aviación do Avon rematou tras 24 anos en 1974.[1] A produción da versión industrial do Avon, fabricada a día de hoxe por Siemens, continúa ata o presente.

A versión actual do Avon, o Avon 200, é un xerador industrial de gas que ten unha potencia nominal de 21 000-22 000 cabalos. En 2011 vendéranse 1 200 Avon industriais e o tipo estableceu un récord de 60 000 000 de horas para a súa clase.[2]

  1. Gunston 1989, p. 149
  2. "Avon 200 - Rolls-Royce". web.archive.org. 2013-05-16. Archived from the original on 16 de maio de 2013. Consultado o 2022-04-30.