Roberto I de Francia
Nome orixinal | (fr) Robert Ier |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de agosto de 860 Angers, Francia |
Morte | 15 de xuño de 923 (62 anos) Soissons, Francia |
Monarca da Francia Occidental | |
29 de xuño de 922 – 15 de xuño de 923 ← Carlos III de Francia – Raúl I de Francia → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Rei dos francos (922–923) |
Familia | Dinastia robertina (pt) |
Cónxuxe | Béatrice de Vermandois |
Fillos | Emma da França, Adela da França, Hugo o Grande (robertiano) |
Pais | Roberto o Forte e Adelaide de Tours |
Irmáns | Eudes I de Francia Conrado II da Borgonha |
Cronoloxía | |
nacemento póstumo | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionnaire infernal (6ª edición) Encyclopædia Britannica |
Roberto I, nado en torno a 865 e finado o 15 de xuño de 923 en Soissons, foi rei da Francia Occidental dende o ano 922 ata a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do Conde Roberto de Anjou e irmán do Rei Eudes, participou xunto co seu irmán na defensa de París ante o ataque viquingo de 885, e cuxa vitoria lle valeu a seu irmán o trono de Francia Occidental. Non se postulou coma sucesor do seu irmán, sendo recoñecidos os seus cargos militares e posesións territoriais coma Conde de París por Carlos III, permaneceu no norte de Francia encargado da defensa dos ataques viquingos.
No ano 921 parte da nobreza franca e o clero levantáronse contra Carlos III O Simple, entre os que se atopaba Roberto. Carlos III foi derrotado e tivo que retirarse a Lotarinxia, polo que Roberto I foi coroado en Reims o 30 de xuño de 922. Porén o rei deposto reuniu un exército e enfrontouse a Roberto I o 15 de xuño de 923 preto de Soissons, onde Roberto foi asasinado.
Carlos tampouco puido recuperar o trono e foi confinado, unha asemblea de nobres escolleu a Raúl, Conde de Borgoña, coma sucesor, Raúl I de Francia.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Tivo dúas esposas:
- Adela de Maine, da que tivo unha filla.
- Adela, casada en 907 co Conde Herberto II de Vermandois.
- Beatriz de Vermandois, filla do Conde Herberto I de Vemandois, tataraneto de Carlomagno, con que tivo tres fillos:
- Emma (894-934), casada con Raúl I de Francia.
- Hugo o Grande (898-956), o seu sucesor coma Conde de París e Duque de Francia.
- Riquilda.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto I de Francia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Reis de Francia (en inglés)
Predecesor: |
Conde de París 898 - 923 |
Sucesor: |
Predecesor: Carlos III O Simple |
Rei de Francia occidental 922 - 923 |
Sucesor: Raúl I |