Robert Schul
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nome orixinal | (en) Robert Keyser «Bob» Schul |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de setembro de 1937 West Milton, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 16 de xuño de 2024 (86 anos) Middletown, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade de Indiana Miami University (en) Milton-Union High School (en) |
Altura | 184 cm |
Peso | 66 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista, atleta |
Empregador | Universidade Cornell |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
1964 | Xogos Olímpicos de 1964 |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
Toquio 1964 | 5.000 m |
Robert "Bob" Schul, nado en West Milton, Ohio o 28 de setembro de 1937 e finado en Middletown, Ohio o 16 de xuño de 2024, foi un atleta dos Estados Unidos especialista en probas de longa distancia que foi campión olímpico dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Toquio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Schul, naceu e creceu nunha granxa de West Milton, Ohio, e empezou a correr no instituto. Aínda así, os seus resultados durante a súa estancia na Universidade de Miami non foron destacados. En 1959 uniuse ás forzas aéreas onde continuou adestrando. En 1961 coñeceu ao adestrador húngaro Mihaly Igloi. Baixo a tutela de Igloi finalizou terceiro no Campionato nacional de 3.000 m valados. Debido a diversas lesións a súa explosión non chegou ata 1964.
En 1964 bateu o récord dos Estados Unidos de 5.000 m, e o récord mundial das 2 millas cun tempo de 8:26.4 (o 29 de agosto). Logrou clasificarse para os Xogos Olímpicos de Toquio. Na capital nipoa, Schul disputou a final dos 5.000 m baixo unha intensa chuvia. Na última volta o francés Michel Jazy parecía encamiñarse deica o ouro, pero Schul foi recortando a distancia até superar a Jazy a falta de 50 m e lograr o ouro. Tralos Xogos, Schul acadaría en 1965 o título nacional das 3 millas pero xa nunca máis alcanzaría o nivel de 1964.