[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Robert Noyce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Noyce

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Burlington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 1990 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Austin, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts - Doutor en filosofía (–1953)
Grinnell College - grao en Artes (–1949) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, empresario, inventor, informático teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorFairchild Semiconductor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnn Schmeltz Bowers (1974–1990)
Elizabeth Noyce (1953–1974) Editar o valor en Wikidata
FillosWilliam B. Noyce
 () Elizabeth Noyce
Priscilla Noyce
 () Elizabeth Noyce
Pendred Noyce
 () Elizabeth Noyce
Margaret Noyce
 () Elizabeth Noyce Editar o valor en Wikidata
PaisRalph Brewster Noyce Editar o valor en Wikidata  e Harriet May Norton Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Noyce-123 Find a Grave: 81842642 Editar o valor en Wikidata

Robert Norton Noyce, nado en Burlington (Iowa) o 12 de decembro de 1927 e finado en Austin (Texas) o 3 de xuño de 1990, foi un físico estadounidense. Alcumado "o alcalde de Silicon Valley", foi cofundador de Fairchild Semiconductor en 1957 e Intel en 1968. É recoñecido xunto con Jack Kilby como o inventor do circuíto integrado ou microchip, motor da revolución dos computadores persoais, e por dar o nome a Silicon Valley.[1] Noyce ideou métodos prácticos para producir circuítos integrados en masa e foi considerado un modelo para unha xeración de emprendedores.

Premios e legado

[editar | editar a fonte]

En xullo de 1959 inscribiu a patente dun tipo de circuíto integrado. Por este traballo independente sobre o circuíto integrado, rexistrado uns meses máis tarde que os do seu primeiro inventor, Jack Kilby, e polo impacto que tiveron as súas aplicacións no mundo ambos recibiron o recoñecemento de tres presidentes dos Estados Unidos.

Ademais foi o destinatario doutros premios, como a Medalla Nacional de Tecnoloxía outorgada por Ronald Reagan en 1987, e o concedido pola Academia Nacional de Enxeñaría, entregado por George H. W. Bush en 1989. No bicentenario da lei de patentes, celebrado en 1990, recibiu a Medalla en recoñecemento á súa carreira, conxuntamente con Jack Kilby e John Bardeen entre outros.

Así mesmo recibiu a Medalla Stuart Ballantine do Instituto Franklin en 1966;[2] a Medalla de Honor do Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos en 1978;[3][4] a Medalla Nacional de Ciencias en 1979; foi elixido membro da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias en 1980;[5] e a Academia Nacional de Enxeñaría outorgoulle o Premio Charles Stark Draper en 1989, un ano antes do seu falecemento.[6]

A universidade onde estudou, Grinnell College, púxolle o seu nome ao edificio da facultade de ciencias.

Co motivo do aniversario 84 de Robert Noyce, Google deseñou un logotipo especial na hornra do cofundador de Intel.[7]

No seu afán investigador, chegou a rexistrar ata quince patentes relacionadas co campo da electrónica e dos microprocesadores.

A súa familia creou a Fundación Noyce en 1991. Esta fundación dedícase a mellorar a educación pública en matemáticas e ciencias nos niveis de primaria e secundaria.

  1. Lécuyer, páx. 129
  2. "Franklin Laureate Database - Stuart Ballantine Medal 1966 Laureates". Franklin Institute. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2011. 
  3. "IEEE Medal of Honor Recipients" (PDF). IEEE. Consultado o 12 de decembro de 2011. 
  4. "Robert Noyce". IEEE Global History Network. IEEE. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2008. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  5. "Book of Members, 1780-2010: Chapter N" (PDF). American Academy of Arts and Sciences. Consultado o 20 de abril de 2011. 
  6. "Recipients of The Charles Stark Draper Prize". National Academy of Engineering. Consultado o 12 de decembro de 2011. 
  7. "Google celebrates Robert Noyce birthday, Silicon Valley’s birth". PopHerald.com. 11 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]