[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Richard Cushing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Cushing

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1895 Editar o valor en Wikidata
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte2 de novembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMassachusetts Editar o valor en Wikidata
Cardeal
15 de decembro de 1958 –
Arcebispo Católico Romano de Boston (pt) Traducir
25 de setembro de 1944 – 8 de setembro de 1970
← William Henry O'Connell (pt) TraducirHumberto Sousa Medeiros (pt) Traducir →
Diocese: Arquidiocese de Boston (pt) Traducir
Bispo titular
10 de xuño de 1939 –
Diocese: Mela titular see (en) Traducir
Bispo auxiliar
10 de xuño de 1939 –
Diocese: Arquidiocese de Boston (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónSaint John's Seminary (en) Traducir
Boston College (pt) Traducir
Boston College High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1939–), sacerdote católico (1921–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónWilliam Henry O'Connell (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1963conclave de 1963 Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: 0e1db746-18e7-477a-9849-c05a5f699854 WikiTree: Cushing-1867 Find a Grave: 247 Editar o valor en Wikidata

Richard James Cushing, nado o 24 de agosto de 1895 en Boston (Massachusetts)[1] e finado o 2 de novembro de 1970 ib., foi un eclesiástico estadounidense, cardeal da Igrexa Católica e arcebispo de Boston.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Richard Cushing naceu no distrito de South Boston, fillo dos inmigrantes irlandeses Patrick Cushing e Mary Dahill Cushing.[1] Cursou os seus estudos de Filosofía e Teoloxía en Boston e en Brighton. O 26 de maio de 1921 foi ordenado sacerdote,[2] e posteriormente traballou na arquidiocese de Boston.

En 1939 Cushing foi nomeado bispo titular de Mela e bispo auxiliar de Boston. Recibiu a consagración episcopal o 29 de xuño de 1939 polo arcebispo William Henry O'Connell, sendo os bispos co-consagrantes John Bertram Peterson e Thomas Addis Emmet.[3]

O 25 de setembro de 1944 foi nomeado arcebispo de Boston polo papa Pío XII.[4] O 15 de decembro de 1958 o papa Xoán XXIII creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Susanna.[4]

Richard Cushing participou entre 1962 e 1965 no Concilio Vaticano Segundo. En 1963 oficiou o funeral polo presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy. En 1965 consagrou, como legado pontificio, a catedral de Galway, en Irlanda. Deixou o goberno da arquidiocese por enfermidade o 8 de setembro de 1970, e finou pouco despois, o 2 de novembro do mesmo ano, e foi enterrado na capela da Colette School.

Distincións

[editar | editar a fonte]

Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Portland en 1952,[5] pola Universidade Nacional de Irlanda en 1958,[6] e pola Universidade Santa María de Halifax o 12 de maio de 1959.[7]

  1. 1,0 1,1 Hall, Timothy L. (2003). Infobase Publishing, ed. American Religious Leaders. p. 88. ISBN 9781438108063. 
  2. Shannon, Hope J. (2014). Arcadia Publishing, ed. Legendary Locals of Boston's South End. p. 13. ISBN 9781439645024. 
  3. Bransom, Charles N. (1990). United States Conference of Catholic Bishops, ed. Ordinations of U.S. Catholic Bishops, 1790-1989: A Chronological List. p. 96. ISBN 9781555863234. 
  4. 4,0 4,1 Rudin, Arnold James (2012). Wm. B. Eerdmans Publishing, ed. Cushing, Spellman, O'Connor: The Surprising Story of how Three American Cardinals Transformed Catholic-Jewish Relations. p. 57. ISBN 9780802865670. 
  5. Universidad de Portland (ed.). "Honorary Degrees". Consultado o 17 de setembro de 2014. 
  6. Universidade Nacional de Irlanda (ed.). "NUI Honorary Degrees Awarded" (PDF). Consultado o 17 de setembro de 2014. 
  7. Universidade Santa María de Halifax. "Honourary Degrees 1952 - 1970" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dever, Joseph (1975). Branden Books, ed. Cushing of Boston: A Candid Portrait. ISBN 9780828313827.