[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ricardo Gullón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo Gullón
Biografía
Nacemento(es) Ricardo Gullón Fernández Editar o valor en Wikidata
30 de agosto de 1908 Editar o valor en Wikidata
Astorga, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de febreiro de 1991 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, ensaísta, crítico literario, escritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

BNE: XX958831 Dialnet: 264338

Ricardo Gullón Fernández[1], nado en Astorga, León, o 30 de agosto de 1908 e finado en Madrid o 11 de febreiro de 1991, foi un avogado, escritor, crítico literario e ensaísta español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido o 30 de agosto de 1908 en Astorga, León, cursou estudos primarios na súa cidade natal, realizando os estudos secundarios en Francia. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Madrid para posteriormente ingresar por oposición na Carreira Fiscal, desenvolvendo o seu labor en varias provincias españolas.

Despois de coñecer a Juan Ramón Jiménez, a quen se uniría nunha forte amizade, publicou a súa primeira obra Fin de semana en 1935. Ao finalizar a Guerra Civil Española foi feito prisioneiro por colaboración co exército republicano. Foi liberado grazas á axuda de Luis Rosales e Luis Felipe Vivanco, pero foi apartado da súa actividade profesional durante tres anos.

A partir de 1949 alternou a docencia universitaria na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) coa actividade xurídica. En 1953 viaxou a Porto Rico para visitar o seu amigo Juan Ramón Jiménez, exiliado político, e permaneceu alí durante tres anos. Despois de trasladarse aos Estados Unidos decidiu instalarse naquel país, desenvolvendo a docencia en Literatura española nas Universidades de Columbia, Middlebury, Chicago, Texas e California. Como profesor desenvolveu unha impresionante actividade, dirixindo decenas de teses de doutoramento sobre a novela española do século XIX, o modernismo e a poesía española contemporánea. Foi un dos hispanistas españois de maior influencia nos Estados Unidos no século XX. Recoñecido especialista mundial na obra de Juan Ramón Jiménez, Benito Pérez Galdós, José María de Pereda, Antonio Machado e Miguel de Unamuno, en 1989 ingresou na Real Academia Española. En 1989 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras.

Morreu en Madrid o 11 de febreiro de 1991. O seu fillo Germán Gullón tamén é crítico literario.[2]

Obra seleccionada

[editar | editar a fonte]
  • Vida de Pereda (1943)
  • La poesía de Jorge Guillén (1949)
  • Cisne Sin Lago - Biografía de Gil e Carrasco (1951)
  • Novelistas británicos contemporáneos (1954)
  • Galdós novelista moderno (1957)
  • Las secretas galerías de Antonio Machado (1958)
  • Estudios sobre Juan Ramón Jiménez (1960)
  • Relaciones entre Antonio Machado y Juan Ramón Jiménez (1964)
  • La invención del 98 yotros ensaios (1969)
  • García Márquez o el olvidado arte de contar (1971)
  • Direcciones del modernismo (1971)
  • El modernismo visto por losmodernistas (1980)
  • Espacios poéticos de Antonio Machado (1987)
  1. Díaz Sánchez, Julián (2004). "Ricardo Gullón (Astorga, León, 1908 - Madrid, 1991)". La crítica de arte en España: (1939-1976). Madrid: Istmo. pp. 524–525. ISBN 84-7090-440-X. 
  2. Unzeta, Mercedes. "Mi padre Ricardo Gullón (por Germán Gullón)". Astorga Redacción. Periódico digital de Astorga, Maragatería, Cepeda y Órbigo (en castelán). Consultado o 2022-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]