[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Remipedios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Remipedia»)
Remipedios
Remipedia

Speleonectes tanumekes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Remipedia
Yager, 1981
Ordes

A dos remipedios (Remipedia) unha pequena clase de crustáceos.

Na actualidade, os remipedios representan un grupo relativamente pequeno dentro dos crustáceos; ademais son unha clase diferente da orde dos nectiópodos, que tamén teñen forma de verme.

Son organismos raros porque posúen características primitivas canda outras propiedades avanzadas.

Estes organismos vivos puidérose achar por primeira vez vivos nunha cova das illas Bahamas.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

As especies primitivas posuían ocelos, pero os remipedios actuais non teñen ollos, e son de cor branca e transparentes,[1] debido ás súas adaptacións aos ambientes das augas subterráneas onde habitan.
Diminutos, poden alcanzar até 3 mm de lonxitude. O seu corpo está divido en dúas partes, céfalon (con escudo cefálico) e tronco, fraccionado en 32 segmentos, algúns deles repetidos; o primeiro segmento está fusionado coa cabeza e presenta un par de maxilípedos prensores, ademais presentan un par de apéndices aplanados. As antenas son birrámeas, e os outros apéndices birrámeos (endopodio e exopodio) teñen forma de paleta; persentan tamén pequenos epipodios, un estómago con cegos dixestivos distribuídos en series, e posúen un labro amplo e un cordón nervioso. As mandíbulas internas áchanse nunha especie de cámara, chamada atrium oris, e posúen maxílulas, que usan como unha especie de arpón para inxectar veleno ás súas presas, e teñen un telson con ramas caudais fusionado co último segmento. Neste grupo non hai dimorfismo sexual, e son hermafroditas.[2] pois os gonóporos femininos encóntranse no segmento 7 do tronco e os poros masculinos no segmento 14.[1] Estes organismos presentan unha larva definida, a larva naupliar, a pesar de que a maioría destes crustáceos que viven en covas teñen un desenvolvemento directo, o único que diferencia aos xuvenís dos adultos, é que no seu estado xuvenil o tronco encóntrase menos divido en segmentos.[3]

Locomoción

[editar | editar a fonte]

Os remipedios nadan en augas densas co dorso cara a abaixo, lentamente,[4] debido ao batido metacrónico dos apéndices do tronco, algo similar fan os anostráceos, que posúen máis de trinta pares de apéndices nadadores.[3] O seu segundo par de antenas utilízano como condutor das correntes de auga, e os apéndices torácicos sempre están en movemento, incluso se o animal se encontra en estado de repouso.

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

As análises filoxenéticas baseadas en datos morfolóxicos suxiren que os remipedios poden ser os crustáceos actuais máis primitivos, mentres que os datos moleculares non son moi claros neste tema.[3]

Os Remipedia e os Cephalocarida forman un clado denominado Xenocarida. Os xenocáridos propuxéronse como o clado irmán dos Hexapoda.[5][6][7]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]
Distribución dor remipedios.

As poucas especies actuais descubertas destes organismos encontráronse en covas con conexiones co mar en 1979 por Yager, por exemplo na conca Caribeña, no océano Índico, nas illas Canarias e en Australia.[3]

A auga destas covas encóntrase estratificada, cunha capa de auga doce por riba doutra de auga salgada.

Non son estritamente preeiros, e poden capturar facilmente ás súas presas grazas ao arpón (maxílulas) que posúen. A substancia que inxectan é unha especie de pigmento respiratorio de transporte de oxíxeno prexudicial para as súas presas, pero aparentemente non causa maior efecto nas persoas.[4]

O seu primeiro par de antenas utilízano como medio olfactivo para detectaren peixes mortos.[4]

Clasificación: Ordes, familias e xéneros

[editar | editar a fonte]

Segundo o WoRMS a clase conta con dúas ordes, unha delas extinta, coas familias e xéneros que se relacionan a continuación:[8]

  • Familia Cryptocorynetidae Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013
  • Xénero Angirasu Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013
  • Xénero Cryptocorynetes Yager, 1987
  • Xénero Kaloketos Koenemann, Iliffe & Yager, 2004
  • Familia Kumongidae Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013
  • Xénero Kumonga Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013
  • Xénero Micropacter Koenemann, Iliffe & van der Ham, 2007
  • Familia Pleomothridae Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013
  • Familia ?
  • Xénero Xibalbanus Hoenemann, Neiber, Schram & Koenemann in Hoenemann, Neiber, Humphreys, Iliffe, Li, Schram & Koenemann, 2013
  1. 1,0 1,1 1,2 Koenemann, S.; Hoenemann, M (2009). World Remipedia Database. Alemaña, Stemme T. 
  2. Fernández, M; Rivas, G (2007). Niveles de organización en animales. México: UNAM. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Brusca, R; Brusca, G (2005). Invertebrados. Madrid: McGraw-Hill. 
  4. 4,0 4,1 4,2 McCormick, C; McCormick, C (2008). Remipedia. Estados Unidos: Blog. 
  5. Jerome C. Regier, Jeffrey W. Shultz, Andreas Zwick, April Hussey, Bernard Ball, Regina Wetzer, Joel W. Martin & Clifford W. Cunningham (2010). "Arthropod relationships revealed by phylogenomic analysis of nuclear protein-coding sequences". Nature 463 (7284): 1079–1083. PMID 20147900. doi:10.1038/nature08742. 
  6. David R. Andrew (2011). "A new view of insect–crustacean relationships II. Inferences from expressed sequence tags and comparisons with neural cladistics". Arthropod Structure & Development]] 40: 289–302. doi:10.1016/j.asd.2011.02.001. 
  7. Bjoern M. von Reumont, Ronald A. Jenner, Matthew A. Wills, Emiliano Dell'Ampio, Günther Pass, Ingo Ebersberger, Benjamin Meyer, Stefan Koenemann, Thomas M. Iliffe, Alexandros Stamatakis, Oliver Niehuis, Karen Meusemann & Bernhard Misof (2012). "Pancrustacean phylogeny in the light of new phylogenomic data: support for Remipedia as the possible sister group of Hexapoda" (PDF proofs). Molecular Phylogenetics and Evolution 29 (3): 1031–1045. PMID 22049065. doi:10.1093/molbev/msr270. 
  8. Remipedia no WoRMS.
  9. Enantiopoda no WoRMS.
  10. Nectiopoda no WoRMS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Boxshall, G. (2001): "Remipedia", en: Costello, M. J. et al. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
  • Koenemann, S.; Schram, F. R.; Hönemann, M. & Iliffe, T. M. (2006): "Phylogenetic analysis of Remipedia (Crustacea)". Organisms diversity & evolution, 7 (1): 33-51. doi 10.1016/j.ode.2006.07.001 PDF.
  • Yager, J. (1981): "Remipedia, a new class of Crustacea from a marine cave in the Bahamas". Journal of Crustacean Biology 1 (3): 328-333.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]