[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Refraneiro galego do queixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A queixo e touciño, grolo de viño
  • A queixo e touciño, grolo de viño.
  • Do queixo do Cebreiro comer ata o sombreiro.
  • Do queixo non me queixo, que me queixo do que deixo.
  • En san Xoán, pouco queixo e moito pan.
  • En san Xoán, tanto queixo como pan.
  • En san Xoán, tanto queixo como pan; polo san Pedro, tanto queixo coma un dedo, e polo Santiago, agárraselle ó rabo.
  • Por san Xoán, tanto queixo como pan.
  • O pan, con ollos; o queixo, cego; e o viño, anexo.
  • O pan, con ollos; o queixo, sin ollos; o viño, que salte ós ollos.
  • Queixo, sin ollos; e pan, con ollos.
  • O queixo e o barbeito, en abril ou maio sea feito.
  • O queixo millor é fresco, porque non está tan seco.
  • O queixo sano é o que dá o avaro.
  • Queixo cego, pan olludo e viño que chispe no bullo.
  • Queixo pesado, pan liviano.
  • Tanto o pan coma o queixo e tanto o queixo coma o pan, cómoo se mo dan.
  • Tanto pan como queixo, e tanto queixo como pan, ben o como se mo dan.
  • Tanto queixo como pan non se debe dar.
  • Uvas con queixo saben a beixo.
  • Val máis queixo de nabo, que catro de maio.
  • Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante.
  • Gando na corte, pouco leite e queixo forte.
  • No mes de abril fai queixos mil.
  • O falar lévase dos queixos.
  • Pan con ollos, queixo cego e viño que salte ós ollos.
  • Queixo pesado, pan liviano.
  • Val máis un queixo de nabo que catro de maio.
  • Viño que salte, queixo que chore e o pan que cante.

A venda do queixo

[editar | editar a fonte]
  • Algo vale o queixo cando o dan ó peso.
  • O cardo e o queixo, ó peso.
  • O coiro e o queixo, mercalo ó peso.
  • O melón e o queixo, sempre ó peso.
  • O que vende a lá na ovella e o queixo na encella e o pan no agosto e o viño en mosto, a súa gaanza dá a outro.
  • O queixo hase mercar na queixeira; e o trigo, na eira.
  • O queixo, na queixeira e o centeo, na eira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]