[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Real Observatorio de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada do observatorio.

O Real Observatorio de Madrid é unha institución científica que se atopa na cidade de MadridEspaña. Foi construído en 1790, e dende entón fíxose cargo do traballo realizado previamente polo observatorio da armada da costa de Cádiz.

É a sede do Observatorio Astronómico Nacional de España e do Observatorio Xeofísico Central, ámbolos dous administrados polo Instituto Xeográfico Nacional de España (a través do departamento de Astronomía, Xeofísica e Aplicacións Espaciais).[1]

Reconstrución do telescopio de William Herschel, no edificio anexo para a súa exposición.

O edificio principal do Real Observatorio de Madrid, deseñado por Juan de Villanueva, comeza a construírse en 1790 no antigo cerrillo de San Blas. Situado a carón do actual Parque do Retiro na rúa de Alfonso XII. Encárgase ó astrónomo William Herschel a construción dun telescopio reflector cun espello de 60 cm de diámetro. Dada a carencia dunha tradición astronómica no país, os primeiros astrónomos do Observatorio inician a súa aprendizaxe en diversos países europeos. Porén, este pulo inicial remata coa guerra contra Francia, que supón a dispersión do persoal e a destrución de equipos, biblioteca e edificacións provisionais.

En 1834 a raíña María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias nomea Director do Real Observatorio de Madrid ao ilustrado Domingo Fontán, autor do primeiro mapa (de Galicia) realizado en España con métodos científicos.[2]

En Galicia

[editar | editar a fonte]
Placa de latitude na porta da Facultade de Xeografía e Historia da USC, referida ó observatorio Astronómico de Madrid.
Placa de latitude na porta da Facultade de Xeografía e Historia da USC, referida ó observatorio Astronómico de Madrid.

Escollido como referencia nalgún momento para a medida de latitude en España (en troques de Greenwich, que rematou sendo a norma, París ou outros puntos da xeografía española), a placa de latitude que aparece na porta da Facultade de xeografía e Historia da USC en Santiago está referida a este observatorio.

  1. "Visitas al Real Observatorio" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2016. 
  2. "Observatorio Astronómico y Meteorológico.". ISSN 1579-1076. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]