Rauw Alejandro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Raúl Alejandro Ocasio Ruiz 10 de xaneiro de 1993 (31 anos) San Xoán (Estados Unidos de América) |
Outros nomes | Rauw Alejandro |
Residencia | Os Ánxeles |
Actividade | |
Ocupación | cantante, bailarín, compositor de cancións, produtor musical |
Período de actividade | 2014 - |
Xénero artístico | R&B contemporáneo, música urbana, Latin R&B (en) , Reggaeton, Latin trap (pt) e pop latino |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Sony Music Latin |
Familia | |
Parella | Rosalía (2019–2023) |
Premios | |
| |
Páxina web | rauwalejandro.com |
|
Raúl Alejandro Ocasio Ruiz, nado en San Xoán o 10 de xaneiro de 1993, máis coñecido polo seu nome artístico Rauw Alejandro, é un cantautor, bailarín e produtor discográfico portorriqueño.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en San Xoán, e foi criado en Carolina (Porto Rico). Do mesmo xeito ca el, os seus pais tamén son artistas, e influenciárono con cantantes como Elvis Presley e Michael Jackson.[2] O seu pai é Raúl Ocasio, un guitarrista; e a súa nai é María Ruiz, unha corista. Durante varios anos viviu nos Estados Unidos, onde foi influído polos xéneros R&B e dancehall.[3]
En setembro de 2021, confirmouse o seu noivado coa cantante española Rosalía.[4]
Carreira musical
[editar | editar a fonte]2014-2017: Inicios
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira en 2014 coa canción «Inevitable» e mantívose nos anos seguintes lanzando cancións como «Eso que tienes», «Días así», «No me hagas esperar» e «I.D.G.F.» en 2015 e «Pa' serio», «Como nunca», «Mala miña», «Back To Sleep» e «Misiones» en 2016.[5] Lanzou o seu primeiro mixtape titulado Punto De Equilibrio en 2016, o cal contou coas colaboracións de Myke Towers, Álvaro Díaz, Joyce Santana e Rafa Pabön.[6]
Lanzou cancións en 2017 como «Las oportunidades», «Las justas », «Ahora dice», «Tómalo», «Luz roja», «Ta' moja», «Estamos mal», «Se hace tarde» e «Toda» xunto a Alex Rose, o cal contou cunha remestura en 2018 con Cazzu, Lenny Tavárez e Lyanno. Esta remestura conta con máis de 100 millóns de reproducións en Spotify e máis de 1.000 millóns en YouTube.[7]
En 2018, publicou a súa versión da canción «Tú te imaginas» de De la Ghetto co que gañou recoñecemento.[8] Participou en cancións como «Pa' tu casa» e «Luz apaga», coas que logrou consolidarse aínda máis.[9][10] Porén, co lanzamento dos sinxelos «Que le dé» con colaboración de Nicky Jam, as sinxelo «Fantasías» con Farruko, «El efecto» xunto a Chencho Corleone de Plan B, ademais da súa remestura que contou con Bryant Myers, Dalex, Kevvo e Lyanno, lanzárono ao recoñecemento en todo o continente a finais do ano 2019.[11][12]
Publicou o seu primeiro EP titulado Trap Cake en 2019.[13]
En 2020, publicou o seu primeiro álbum de estudio titulado Afrodisíaco, o cal contou coas colaboracións de Anuel AA, J Balvin, Zion & Lennox, Sech, Wisin & Yandel, Arcángel, Randy, Trippie Redd, entre outros.[14]
En 2021, sacou un dos seus temas máis exitosos «Todo de ti».[15] Este tema cultivou seis discos de platino nos Estados Unidos, catro en España e múltiples discos de ouro, algúns na Arxentina ou México. A raíz do éxito deste sinxelo, lanzou o seu segundo álbum de estudio Viceversa, un álbum que conseguiu o número 1 en España, ademais de obter a certificación de platino no país anglosaxón tras superar as 60.000 unidades de devandito material. Noutros países como Colombia ou o Perú, obtivo a certificación de platino e ouro, sendo o álbum máis vendido do cantante até a data.
Discografía
[editar | editar a fonte]Título | Listas | Certificacións |
---|---|---|
SPA[16] | ||
Afrodisíaco
|
2 |
|
Viceversa
|
1 |
|
Mixtapes
- 2016: Punto de equilibrio
EP
- 2019: Trap Cake
Álbums en directo
- 2020: Concerto virtual en tempos de COVID-19 desde o Coliseo de Porto Rico
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rauw Alejandro | Biography & History" (en inglés). Consultado o 2020-12-13.
- ↑ Del Toro, Jackeline (19 de xaneiro de 2017). "Rauw Alejandro se lanza a la conquista “de las nenas” con su música". Primera Hora. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Rauw Alejandro junto a Nicky Jam son la nueva sensación del verano". Pronto. 25 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ Hernández, Nuria (27 de setembro de 2021). "Rosalía confirma su noviazgo con Rauw Alejandro: cumpleaños juntos en casa con tres tartas, globos rosas y una Gracias". Vanity Fair España. Consultado o 12 de outubro de 2021.
- ↑ Fernandez, Suzette (31 de xaneiro de 2019). "Latin Artist On the Rise: Meet Rauw Alejandro" (en inglés). Billboard. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ Rodríguez, Yomaris (6 de xullo de 2018). "Rauw se abre paso". El Vocero. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Alex Rose, Rauw Alejandro, Cardi B y la pelea por "Toda (Remix 2)"" (en castelán). 2018-10-03. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2021. Consultado o 2020-12-13.
- ↑ VOCERO, Yomaris Rodríguez, EL. "Rauw Alejandro: “El baile es mi marca”" (en castelán). Consultado o 2020-12-13.
- ↑ "Colaboración de Khea con Kevin Roldán". CMT. 17 de outubro de 2018. Consultado o 10 de febreiro de 2019.
- ↑ "Ozuna se une a nuevos exponentes del género en sencillo musical". Diario Metro de Puerto Rico. 19 de novembro de 2018. Consultado o 10 de febreiro de 2019.
- ↑ "Rauw Alejandro lanza “Que le dé” con la bendición de Nicky Jam". Billboard. 30 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ Mozo, Yamila (2019-08-29). "RAUW ALEJANDRO lanza su nuevo sencillo "FANTASÍAS" junto a FARRUKO". Sony Music Entertainment Latin (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-25.
- ↑ "Rauw Alejandro es el nuevo príncipe del pop latino" (en castelán). Consultado o 2021-09-14.
- ↑ de 2020, Por Newsroom Infobae (13 de novembro). "Rauw Alejandro lanza Afrodisíaco, con colaboración de Anuel, Lennox y Farruco" (en castelán). Consultado o 2020-12-13.
- ↑ Bloom, Madison (May 20, 2021). "Rauw Alejandro Shares Video for New Song "Todo de Ti".
- ↑ "Search for: Aitana". Consultado o 22 de marzo de 2020.
- ↑ Facebook (2021-07-13). "Rauw Alejandro celebra primer puesto de ventas de disco en listado Billboard" (en castelán). Consultado o 2021-07-21.