Radler
O Radler, cilcista en alemán, (denominado tamén Alster, Panaché, Panasch ou Wurstwasser en alemán) é unha mestura moi popular de cervexa con limoada ou gasosa, moi típica nos estabelecementos hostaleiros de Alemaña. Dependendo da mestura recibe diferentes nomes: os máis populares son Colaweizen ou Diesel en caso de mesturarse con cola ou Bananenweizen con zume de banana, ambos con cervexa de trigo. Este tipo de cervexa mestúrase tamén con outras bebidas como Almdudler. Non obstante, a mestura por antonomasia é a de cervexa Hell e zume ou refresco de limón. Denomínase tamén Gespritzt en Austria.
Historia
[editar | editar a fonte]O Radler preparouse por primeira vez no ano 1922 por Franz Xaver Kugler, propietario dunha sorte de restaurante denominado Kugler Alm na comarca de Oberhaching, ao sur de Múnic. O lugar está moi frecuentado por ciclistas, que é o significado orixinal da palabra Radler en alemán.
Nun día sen precisar de xuño do 1922 unha grande afluencia de ciclistas ("Radler") apareceu no bar de Franz e ao ver que se ía esgotando a provisión de cervexa, este tomou a decisión de mesturala con limoada para conseguir que durase máis. A mestura gustou e pouco a pouco foi servíndose unha bebida denominada "Radlermaß", xa que un Maß é un vaso dun litro usado para servir cervexa, moi popular en Baviera, especialmente en festas como o Oktoberfest.
Variantes noutros países
[editar | editar a fonte]En España a mestura de cervexa con limoada recibe diferentes nomes: clara (ás veces chámase así o combinado de cervexa e gasosa), lixivia, pica, xampú e shandy.