Río Andarax
Tipo | río curso de auga coastal river (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Provincia de Almería, España, Gádor, España, Fondón, España e Padules, España | ||||
Localización | Cerro del Almirez (en) | ||||
Final | |||||
División administrativa | Almería, España | ||||
Localización | Andarax river mouth (en) | ||||
Desembocadura | Mar Mediterráneo | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Dimensións | 67 () km | ||||
O río Andarax está situado na provincia de Almería, España. Nace na zona oriental de Serra Nevada, no Cerro del Almirez. O seu curso íntegro transcorre no interior da provincia de Almería. Atravesa o val do Andarax, ao sur do Deserto de Tabernas, onde recibe os intermitentes corgos de auga de Tabernas, derradeiro curso de auga con achegas significativas ó río. Ó seu paso polos municipios de Rioja, Viator e Benahadux alimenta a numerosas leiras de cítricos. Finalmente acada a súa desembocadura nas aforas de Almería, formando un amplo delta, sobre o que se asenta unha fértil veiga, hoxe en proceso de desaparición a causa do crecemento da cidade.
En tempos históricos posuía un caudal case permanente, sendo navegable ata o municipio de Pechina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Andarax |