Puerto de la Cruz
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | ||||
Capital | Puerto de la Cruz | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 30.849 (2023) (3.533,68 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 8,73 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 4 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Marcos E. Brito Gutierrez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38400 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38028 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Ben de interese cultural | |||||
Tipo | conxunto histórico-artístico | ||||
Data | 23 de maio de 2006 | ||||
Identificador | RI-53-0000410 | ||||
Sitio web | puertodelacruz.es |
Puerto de la Cruz é unha cidade e municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, nas Canarias. Sitúase no norte da illa de Tenerife, no Val de La Orotava, xunto aos municipios de Los Realejos e de La Orotava.
Localización e características
[editar | editar a fonte]Ten unha extensión de 8,73 km², é o municipio máis pequeno das Illas Canarias, e unha poboación de 31.804 habitantes (INE, xaneiro de 2008). A súa altitude é de 9 metros sobre o nivel do mar e o seu punto de maior altura é o cono volcánico das Areas (ou montaña da Forca), con 249 metros.
É un dos centros turísticos máis importantes das Canarias, sendo a procedencia común dos visitantes a Península Ibérica, Reino Unido e Alemaña.
Os seus habitantes son coñecidos como portuenses, e nalgúns casos xeneralízaselles como ranilleros, pero orixinalmente este gentilicio pertencía soamente aos do Barrio da Ranilla dentro do mesmo pobo e de forte tradición pesqueira.
Ademais do centro urbano do Puerto de la Cruz, o municipio conta con barrios como o de Punta Brava, A Beira, San Antonio, o Durazno etc.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Puerto de la Cruz |