Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña
World Database on Protected Areas
Identificador
389188
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña
World Database on Protected Areas
Identificador
389181
O Prepireneo, ou Prepireneos, son un conxunto de serras situadas ao sur do Pireneo axial. As montañas e vales desta zona caracterízanse por ter unhas alturas menores que as do sector central dos Pireneos. Son poucos os picos do Prepireneo que superan os 2.000 metros de altitude.
Este sector dos Pireneos esténdese de oeste a leste ao longo duns 425 km polo nordés de España, atravesando as comunidades autónomas do País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña. A anchura dos Prepireneos alcanza na súa zona central os 40 km e no norte da provincia de Barcelona únese ás cordilleiras Costeiras Catalás, que teñen unhas alturas similares. O límite entre os Prepireneos e o sector central dos Pireneos non é preciso debido a que as montañas gañan altura progresivamente segundo se interna na cordilleira. Esta zona de tránsito entre a zona central dos Pireneos e as zonas chairas non existe na vertente francesa exceptuando unha zona de montes baixos na rexión do Rosellón. Os vales do Prepireneo adoitan ser estreitos, formando en moitos casos canóns e desfiladeiros. Os ríos ao seu paso por esta zona dos Pireneos son menos numerosos pero non obstante máis caudalosos, polo que se practican moitos deportes de montaña relacionados coa auga.