[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pokémon: Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon: Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee!
Desenvolvedor(es)Game Freak
Distribuidora(s)The Pokémon Company
Nintendo
Director(es)Junichi Masuda
Produtor(es)Shigeru Ohmori
Hitoshi Yamagami
Akira Kinashi
Artista(s)Takao Unno
Compositor(es)Shota Kageyama
Lanzamento16 de novembro de 2018[1]
Modos de xogoUn xogador
Multixogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Nintendo Switch
SeriePokémon
Na rede
https://pokemonletsgo.pokemon.com/
editar datos en Wikidata ]

Pokémon: Let's Go, Pikachu! (en xaponés: ポケットモンスター Let's Go! ピカチュウ; Poketto Monsutā Let's GO! Pikachū) e Pokémon: Let's Go, Eevee! (en xaponés: ポケットモンスター Let's Go! イーブイ; Poketto Monsutā Let's GO! Ībui) son dous videoxogos de 2018 para Nintendo Switch, senllos remakes do videoxogo de rol de 1998 Pokémon Yellow. Foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo Switch.[2] Anunciados en maio de 2018, Let's Go, Pikachu! eLet's Go, Eevee! foron lanzados internacionalmente para Nintendo Switch o 16 de novembro de 2018. Os xogos forman parte da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon e foron os primeiros en seren estreados para unha consola caseira. Teñen opcións de conectividade co xogo para dispositivo móbil Pokémon Go, e conta cunha opción de controlador chamado Poké Ball Plus.

  1. "Pokémon: Let's Go, Pikachu! And Let's Go, Eevee! Confirmed For November 16 Release". Nintendo Soup. 30 de maio de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  2. "トップページ|『ポケットモンスター Let's Go! ピカチュウ』『ポケットモンスター Let's Go! イーブイ』公式サイト". ポケットモンスターオフィシャルサイト. Consultado o 11 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]