Pobo emberá
Pobo emberá | |
---|---|
Mulleres emberá. | |
Poboación | |
Poboación total: c 89 000 | |
Rexións principais: | |
Colombia | 56 504 (censo de 2018)[1] |
Panamá | ~33 000[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua emberá e castelán |
Relixión | Jaí, evanxelismo |
Grupos relacionados | Wounan |
Os emberá, tamén coñecidos na literatura histórica como chocó ou katío son un pobo indíxena de Colombia e Panamá. Na lingua emberá, a verba ẽberá pode empregarse para referirse a persoa, home ou indíxena, dependendo do contexto no que se empregue. Hai arredor de 33 000 emberá vivindo en Panamá e uns 56 504 en Colombia.
Lingua
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lingua emberá.
A lingua emberá ou ẽberá bedéa, non é unha lingua única senón un grupo lingüístico mutuamente intelixible que se fala a través de Panamá e Colombia. Xunto coa lingua wounaan, son os dous únicos membros vivos da familia de linguas chocó e non están relacionadas con ningunha outra familia de América Central ou América do Sur, malia que no pasado se propuxeron relacións coas linguas caribes, coas linguas arauacas e coas linguas chibchas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadistica y Censo - Panamá". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013.
- ↑ Mortensen, Charles A. (1999). A Reference Grammar of the Northern Embera Languages. SIL International and The University of Texas at Arlington.