[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pobo daur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muller daur

O dos daures (en mongol Дагуур Daguur; en chinés tradicional 达 斡 尔 族; en chinés simplificado 達 斡 爾 族; en pinyin Dáwò'ěrzú) é unha minoría étnica, unha das 56 oficialmente recoñecidas polo goberno da República Popular da China.

Habitan principalmente na rexión autónoma de Mongolia Interior e nas provincias de Heilongjiang e Xinjiang.

A súa poboación no ano 2010 era de 131 992 persoas.[1]

Xeneticamente, os daures son descendentes dos kitai, como demostraron algúns recentes análises do ADN.[2]

Situación dos daures entre os estados mongois no século XVI (Dagur no mapa).

O idioma daur pertence ao grupo das linguas mongólicas, que se inclúe dentro da familia das linguas altai. Está composto por tres dialectos: buteha, qiqihar e xinjiang. A lingua daur non ten un sistema de signos escritos e durante a dinastía Qing utilizaron o sistema manchú.[3]

Utilizan unha ortografía baseada no pinyin.

Ademais de falar o seu su propio idioma, moitos daures son capaces de falar en chinés, en mongol, en uigur e en ewenki para comunicárense entre eles e con membros doutras etnias.

Ao igual que no caso dos oroqen e os ewenki, crese que os daures son descendentes dos khitan, un antigo pobo nómade que habitou na zona do río Heilong e que fundou a dinastía Liao. A principios da dinastía Qing algúns grupos trasladáronse até zonas máis ao oeste e formaron o pobo daur.

Os daures loitaron contra a Rusia tsarista entre 1643 e 1651.

Tamén realizaron unha intensa resistencia contra a ocupación xaponesa desde 1937 até 1945.[4]

Relixión

[editar | editar a fonte]

Os daures son basicamente politeístas. Cada clan ten o seu propio xamán encargado de realizar e bendicir todas as cerimonias importantes na vida dun daur. Existen algúns individuos daur que adoptaron o lamaísmo como relixión.

  1. Multicultural China: A Statistical Yearbook (2014), p349
  2. DNA Match Solves Ancient Mystery
  3. Evelyn S. Rawski (15 de novembro de 1998). The Last Emperors: A Social History of Qing Imperial Institutions. University of California Press. ISBN 978-0-520-92679-0. 
  4. Bulag, Uradyn E. (2000): The Mongols at China's edge: history and the politics of national unity. Lanham, Maryland, USA: Rowman & Littlefield Publishers. ISBN 978-0-7425-1144-6, p. 158.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazónms externs

[editar | editar a fonte]