[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pobo cree

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo cree
Campamento cree Vermilion, Alberta, setembro de 1871. Foto: Charles Horetzky, Biblioteca e Arquivos do Canadá: C-005181.
Poboación
Poboación total:
200 000
Rexións principais:
Canadá200 000
Estados Unidos de América Estados Unidos5 656
Aspectos culturais
LinguaCree, sinais dos indios das chairas, inglés e francés
RelixiónAnimismo
Grupos
relacionados
Oji-Cree, Ojibwa e Innu.
Indio cree, Old Nemaska 2006 (Foto:André Perron).

Os cree[1] forman un grupo nativo norteamericano de máis de 200.000 individuos, o que o converte nun dos maiores grupos do Canadá. Viven no Quebec, Ontario, Manitoba, Saskatchewan e Alberta. A maioría dos cree eran indios dos bosques orientais, mentres que os que viven en Saskatchewan e o sur de Alberta, eran indios das pradeiras.

Rapaza cree (1928).

A banda do Grande Oso, en Saskatchewan, foi a última banda dos indios das chairas en entrar nunha reserva e o único grupo en manter un conflito violento coas autoridades canadenses. Moitos dos actuais caudillos canadenses nativos, como Ovide Mercredi, xefe da Asemblea das Primeiras Nacións do Canadá, son cree.

No Quebec, tras unha longa loita contra os gobernos provinciais e federais, os cree que viven na área da baía de James aceptaron unha compensación financeira pola confiscación da parte da illa que quedou inundada polo magno proxecto hidroeléctrico do norte do Quebec. Utilizaron parte dos fondos para mercar unha compañía aérea, sendo os cree o único pobo indio que posúa liñas aéreas propias. En 1980 opuxéronse con éxito á construción da segunda fase do proxecto hidroeléctrico da baía de James.

Debido ao gran número de falantes da lingua cree, esta ten actualmente un certo uso. En cree publícanse revistas, libros e xornais e incluso utilízase en programas informáticos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]