Piollo
Piollos Phthiraptera | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fahrenholzia pinnata | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subordes | |||||||||||||||
Os piollos son insectos parasitos sen ás (cando adultos), pertencentes á orde Phthiraptera, composta dunhas 3.000 especies diferentes. Todos son ectoparasitos obrigados de mamíferos e aves, excluíndo os monotremos (o ornitorrinco e o equidna) e os morcegos.
A orde Phthiraptera foi considerada tradicionalmente en dúas ordes distintas ou dúas subordes: os piollos chuchadores (Anoplura) e os piollos mastigadores (Mallophaga). Na actualidade, os Mallophaga son considerados parafiléticos e hoxe recoñécense catro subordes:
- Anoplura: piollos chuchadores, incluíndo o piollo da testa e da roupa (Pediculus humanus) e o da pube (Pthirus pubis, denominado comunmente piollo pato: nótese a grafía do xénero con pth, non con phth como a orde) (véxase tamén pediculose).
- Rhyncophthirina: parasitos dos elefantes e xabaríns.
- Ischnocera: piollos aviares (antes Mallophaga).
- Amblycera: piollos mastigadores, unha orde primitiva de piollos (antes Mallophaga).
Os piollos son moi específicos co seu hospedador, e moitas especies incluso prefiren partes específicas do corpo deste. Os piollos pasan a súa vida enteira sobre o hospedador, desenvolvendo adaptacións que lles permiten manter un contacto moi estreito. Estas adaptacións reflíctense no seu tamaño (de 0,5 a 8 mm), patas e garras fortes para se agarraren fortememente ao pelo, pel e plumas e ausencia de ás. Aliméntanse de restos da pel (alimentación epidermal), partes de plumas, secrecións sebáceas e sangue.
A súa cor varía de castaño claro a gris escuro. No caso de se alimentaren de sangue, poden ser moito máis escuros. Non se afogan na auga, xa que poden infrar, mantendo ar e así flotan. Os piollos non saltan, mais poden ser transmitidos por contacto, forma na que adoitan trasladarse dun hospedador a outro.
Os piollos fixan os seus ovos ao pelo do seu hospedador, denominados comunmente lendias ou miúdas. Para eliminalos utilízase un peite especial cuns dentes moi finos e apertados que arrastran as lendias do cabelo.
O mellor xeito de eliminar os piollos do pelo, sen empregar substancias químicas (que poden producir resistencias posteriores), é afogalos en aceite para cativos, xa que a súa viscosidade os afoga.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A orde Phthiraptera divídese en 4 subordes e 17 familias:
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Phthiraptera (en castelán)
- Clasificación de Phthiraptera (en inglés).