Petunia
Petunia | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Especies selectas: |
As petunias[1] son plantiñas de flor pertencentes ao xénero Petunia da familia das Solanáceas; en total o xénero comprende 18 especies propias de América do Sur. peamericanas. Son plantas anuais de pouco talle, é dicir, arbustos de 3 a 6 dm, con follas alongadas ou arredondadas e lixeiramente vilosas. A floración é abondosa, sen parar dende principios da primavera deica finais do outono. As flores poden ter calquera cor agás o laranxa, son clasificadas como inodoras aínda que a planta bota un agradábel recendo e existen variedades variegadas. Esta planta caracterízase por ser de forma tubular, moi pedunculadas e solitarias.
Son amplamente utilizadas en xardinaxe, dada a súa variedade de cores e a súa facilidade de cultivo e produción. Son incribelmente útiles en zonas tropicais xa que o seu momento de floración dura todo o ano, e non posúen un talo forte ou espiños no mesmo, son amplamente utilizadas para enfeitar locais de lecer, tales como prazas e parques. Son moi comúns nos xardíns de Galiza.
Historia
[editar | editar a fonte]A Petunia nyctaginiflora fora descuberta por unha expedición francesa ao Brasil en 1823.
Conta cunha flor branca de doce recendo que abre á noite; denominouse Petunia en París, pola súa estreita semellanza coa planta do tabaco chamada petun pola nación tupí-guaraní.
Petunia × hybrida hort. ex E.Vilm.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A súa forma viva de reprodución pode ser sexual ou asexual. A forma máis utilizada para a súa reprodución é por medio de estaquía (asexual), forma na que se utilizan diversos estimulantes para obtermos un enraizamento satisfactorio, o cal é o sino para unha reprodución a grande escala. Tamén se utiliza coma ferramenta para unha boa propagación varios tipos de ambientes artificiais, tales como, o propagador de neboeira e mais o túnel húmido.
Variedades
[editar | editar a fonte]Grandiflora
[editar | editar a fonte]Este tipo de petunias ten as flores máis grandes, até 10 cm. de diámetro.
Hedgiflora (Diseminación)
[editar | editar a fonte]Caracterízanse pola súa baixa altura (polo xeral arredor de 15 cm.), mais unha gran dispersión (de 90 a 120 cm.).
Multiflora
[editar | editar a fonte]A Multiflora en comparación coas grandiflora ten as flores coa metade do tamaño, menos de 5 cm. de diámetro, non se danan facilmente coa chuvia intensa e pode tolerar moito máis sol.
Milliflora
[editar | editar a fonte]Milliflora son as petunias máis pequenas, arredor de 2,5 cm. de ancho.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Petunia púrpura
-
Petunia no Paquistán
-
Petunia no Paquistán
-
Petunia no Paquistán
-
Petunia no Paquistán
-
Petunia no Paquistán
-
Petunia no Paquistán
-
Petunia rosa
-
Petunia branca
-
Muñico de petunias
-
Petunias multicores
-
Petunia moi florida
-
Petunias Yellow shock wave
-
Petunias púrpuras
-
Unha leira de petunias
-
Comezo da floración, Floración total, senescencia.
-
Flores de petunia no Weizmann Institute of Science
-
Petunia rosa no Weizmann Institute of Science
-
Arranxo floral de petunias en Columbus, Ohio
-
Unha petunia rosa en Knoxville, Xeorxia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para petunia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: P. hybrida |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Petunia |
- Petunia Plataforma - Información sobre petunias (Inglés)