Peridotita
Aparencia
A peridotita[1] é unha rocha ígnea plutónica formada polo xeral de olivina (peridoto) acompañados de piroxenos e anfíbolos. É moi densa e de coloración escura. Crese que é a rocha maioritaria na parte superior do manto terrestre.
Algúns tipos de peridotita son a piroxenita, composta case por completo por piroxeno; a hornblendita, variedade rara con predominio de hornblenda; a dunita, composta case exclusivamente de olivino, e a kimberlita, variedade que contén diamante. A peridotita é a fonte máis importante de cromo.
Estudos recentes da Universidade de Columbia (Nova York) atribúen a esta rocha a capacidade de absorber dióxido de carbono.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peridotita |
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |