Pentre Ifan
Pentre Ifan é o nome dun antigo señorío da parroquia galesa de Nevern, Pembrokeshire. Nel, atópase o maior e mellor preservado dolmen neolítico de Gales.
Historia
[editar | editar a fonte]O dolmen data aproximadamente do -3.500 B.C. e, posiblemente, foi empregado como cemiterio comunal. As pedras conservadas forman o portal e a cámara principal da tumba, que orixinalmente puido estar cuberta cunha gran pedra de 36,6 m de longo e 17 m de ancho.[1] Algunhas das pedras foron diseminadas polo lugar, pero sete delas están na súa posición orixinal. A pedra principal mide 5,1 m de longo, cun peso estimado de 16 toneladas, e érguese 2,4 m sobre a superficie do terreo. Está apoiada sobre as puntas de tres piares.
As escavacións arqueolóxicas fixéronse en 1936/1937 e 1958/1959, ámbalas dúas lideradas por William Francis Grimes. O dolmen e conservado por Cadw,[2] a Axencia Galesa de Monumentos Históricos. Está localizado a 17 km de Cardigan.
Notes
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pentre Ifan". Wondermondo.
- ↑ "Cadw website". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2011. Consultado o 28 de maio de 2014.