Pedro Antonio de Alarcón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pedro Antonio Joaquín Melitón de Alarcón y Ariza 10 de marzo de 1833 Guadix, España |
Morte | 19 de xullo de 1891 (58 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid, 2-752 |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador de España | |
Embaixador | |
Datos persoais | |
Residencia | calle de Atocha (pt) |
Educación | Universidade de Granada |
Actividade | |
Ocupación | poeta, político, dramaturgo, xornalista, escritor, diplomático |
Partido político | Unión Liberal |
Membro de | Real Academia Española (1877–) |
Xénero artístico | Novela |
Movemento | Realismo |
Pseudónimo literario | Pedro Antonio de Alarcón Pedro A. de Alarcón |
Familia | |
Parella | Enriqueta Lozano |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Аларкон Педро Антонио де) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
|
Pedro Antonio de Alarcón y Ariza, nado en Guadix o 10 de marzo de 1833 e finado en Madrid o 19 de xullo de 1891, foi un escritor e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia de orixe fidalga pero de escasos recursos económicos. En 1847 comezou a estudar leis en Granada, pero por mor mala situación económica da familia ten que volver a Guadix, alí estuda teoloxía e no seminario representou as súas primeiras comedias.
En 1853 deixou Guadix, instalouse en Cádiz e dirixiu El Eco de Occidente, de carácter republicano e revolucionario onde publicou os seus primeiros relatos, despois dunha primeira estadía en Madrid, que resultou un fracaso, instalouse de novo en Granada, alí segue a editar El Eco de Occidente e organizou un grupo literario coñecido como Cuerda granadina.
Participou na sublevación de 1854, dirixíndoa en Granada e ocupando o concello, o depósito de armas e a capitanía xeneral, logo fundou La Redención e en setembro marchou a Madrid xunto aos outros membros do grupo granadino, colaborou en El Látigo.
Alarcón sufriu unha mudanza ideolóxica cara a un catolicismo conservador. Colaborou en xornais como La Ilustración ou El Mundo Pintoresco e participou na campaña africana baixo o mando do xeneral Antonio Ros de Olano (1859-1860).
Membro destacado da Unión Liberal de Leopoldo O'Donnell, foi deputado e senador e en 1875 ingresou na Real Academia Española
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- El final de Norma (1855)
- El sombrero de tres picos (1874)
- El escándalo (1875)
- El niño de la bola (1880)
- El capitán Veneno (1881)
- La pródiga (1882)
- La Buenaventura (1854)
Contos reunidos
[editar | editar a fonte]- Cuentos amatorios (1881)
- "Sinfonía", "La Comendadora", "El coro de ángeles", "Novela natural", "El clavo", "La última calaverada", "La belleza ideal", "El abrazo de Vergara", "Sin un cuarto", "¿Por qué era rubia?", "Tic... tac...".
- Historietas nacionales (1881)
- "El carbonero alcalde", "El afrancesado", "¡Viva el Papa!", "El extranjero", "El ángel de la guarda", "La buenaventura", "La corneta de llaves", "El asistente", "Buena pesca", "Las dos glorias", "Dos retratos", "El rey se divierte", "Fin de una novela", "El libro talonario", "Una conversación en la Alhambra", "El año campesino", "Episodios de Nochebuena", "Mayo", "Descubrimiento y paso del Cabo de Buena Esperanza".
- Narraciones inverosímiles (1882)
- "El amigo de la muerte", "La mujer alta", "Los seis velos", "Moros y cristianos", "El año en Spitzberg", "Soy, tengo y quiero", "Los ojos negros", "Lo que se oye desde una silla del Prado".
Teatro
[editar | editar a fonte]- El hijo pródigo (1857)
Poesía
[editar | editar a fonte]- Poesías serias y humorísticas (1870)
Libros de viaxes
[editar | editar a fonte]- Diario de un testigo de la guerra de África (1859)
- De Madrid a Nápoles (1861)
- La Alpujarra: sesenta leguas a caballo precedidas de seis en diligencia (1873)
- Viajes por España (1883)
Recompilación de artigos
[editar | editar a fonte]- Cosas que fueron (1871)
Outras obras
[editar | editar a fonte]- Historia de mis libros
- Juicios literarios y artísticos
- Últimos escritos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Antonio de Alarcón |