[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en San Marino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de San Marino na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en San Marino, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. San Marino ratificou a convención o 18 de outubro de 1991, convertendo os seus lugares elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de San Marino
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Centro histórico de San Marino e Monte Titano Cidade de San Marino 2008 1245; iii (cultural)
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. UNESCO (ed.). "San Marino na UNESCO". 
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]