[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Patrice Talon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatrice Talon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Ouidah, Benín (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
President of the Republic of Benin (en) Traducir
6 de abril de 2016 –
← Thomas Yayi Boni Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Cheikh Anta Diop (pt) Traducir
École nationale de l'aviation civile Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, empresario Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Participou en
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeClaudine Talon Editar o valor en Wikidata
FillosLionel Talon Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Twitter: patricetalonpr Editar o valor en Wikidata

Patrice Talon, nado en Ouidah o 1 de maio de 1958, é un home de negocios e político de Benín, elixido como Presidente da República o 6 de abril de 2016, vencendo ó Primeiro Ministro Lionel Zinsou na segunda volta.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun traballador de ferrocarrís e dunha muller pertencente á familia Guedegbe de Abomey, Patrice Talon comunmente chamado "O competidor nado" está casado cunha muller nativa de Porto Novo e é pai de dous fillos.

Coñecido como o "Rei do algodón" pola súa participación na industria do algodón no seu país, Talon foi un apoio para o presidente Thomas Yayi Boni, e financiou as súas campañas para as eleccións de 2006 e 2011. Porén, despois de que ambos se distanciaron, Talon foi acusado de participar nunha conspiración para matar a Boni Yayi e fuxiu a Francia en 2012. Foi indultado posteriormente en 2014.

En setembro de 2021, Patrice Talon e Thomas Boni Yayi, aliados políticos que se converteron en inimigos íntimos, reuníronse no Marina Palace de Cotonú. Durante este enfrontamento, Thomas Boni Yayi presentoulle a Patrice Talon unha serie de propostas e peticións, relacionadas especialmente coa liberación de "detidos políticos".

  1. T13, ed. (21 de marzo de 2016). "Primer ministro de Benín reconoce derrota ante empresario Patrice Talon". Consultado o 13 de febreiro de 2019.